Complexo de especies: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arranxo
Etiqueta: edición de código 2017
m Profilaxe
Liña 7:
Un complexo de especies é na maioría dos caos un grupo [[monofilético]] cun antepasado común, aínda que hai excepcións. Pode representar un estadio inicial despois de iniciada a [[especiación]], pero poden tamén ter estado separándose durante un longo período sen que evolucionasen diferenzas [[Morfoloxía (bioloxía)|morfolóxicas]]. A [[especiación híbrida]] pode ser un compoñente na evolución dun complexo de especies.
 
Os complexos de especies existen en todos os grupos de organismos. Identifícanse por medio de rigorosos estudos das diferenzas entre as distintas especies, utilizando pequenos detalles morfolóxicos, probas de [[illamento reprodutivo]], ou métodos baseads no [[ADN]] como a [[filoxenética molecular]] ou o [[código de barras de ADN]]. A existencia de especies extremadamente similares pode causar que se subestime a [[diversidade de especies]] local e global. O recoñecemento de especies similares pero distintas é importante para o [[control de pragas]] e [[prevención de enfermidadesProfilaxe|enfermidades]], e en [[bioloxía da conservación]], aínda que trazar as liñas que separan unha especie doutra [[o problema da especie|pode ser difícil por natureza]].
 
== Definición ==