Peter Sagan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Retiro o aviso de revisión de ortografía
doblete > dobrete
Liña 90:
Sen a presión de estrearse, Sagan afrontaba o [[Tour de Flandres]] con forza e ilusión, para anotarse así o seu primeiro "monumento" ciclista. A falta de 50&nbsp;km para meta, [[Michał Kwiatkowski|Kwiatkowski]] tomou as rendas da carreira cun ataque, levando consigo a Sagan e a [[Sep Vanmarcke|Vanmarcke]]. Estes neutralizaron a escapada do día e chegaron ao mítico e durísimo "muro" de Paterberg, onde Cancellara lanzou unha ofensiva para coller o grupo cabeceiro. Nun movemento espello, Peter tamén decidiu atacar para descolgar os seus acompañantes e evitar que [[Fabian Cancellara|Cancellara]] contactase. Pasado o Paterberg, Vanmarcke e o suízo deixaron atrás a [[Michał Kwiatkowski|Kwiatkowski]]. Entre ambos non houbo entendemento, xa que Vanmarcke estaba canso e "Espartaco" imprimiu un forte ritmo, pero insuficiente para alcanzar a Sagan. O campión mundial cruzaba a liña de meta en solitario e gañaba a 100ª edición do [[Tour de Flandres 2016|Tour de Flandres]], con forza e clase, segunda vitoria da tempada.<ref>{{Cita web|url=http://www.esciclismo.com/ampliada.asp?Id=37373|data-publicación=03-04-2016|páxina-web=www.esciclismo.com|título=Tour de Flandes: Peter Sagan luce o arco da vella gañando a centésima edición|data-acceso=12-02-2016}}</ref>
 
Sen descanso, Sagan prepárase para disputar a [[París-Roubaix 2016|París-Roubaix]] como máximo favorito tralo dobletedobrete de clásicas belgas (Gante-Wevelgem e Tour de Flandres). O clima durante a carrera presentou unha dificultade engadida, e un corte importante do pelotón a moitos quilómetros de meta supuxo, practicamente, a despedida de Sagan da vitoria. Este, dándose relevos con Cancellara nun grupo secundario, intentaría neutralizar o grupo cabeceiro onde iban outros favoritos como [[Tom Boonen]]. A pesar do gran esforzo dos dous, a distancia que recortaban era mínima e debido ás malas condicións do empedrado Cancellara caeu, rompendo o grupo e deixando ao eslovaco en solitario, que con habilidade sorteou ao suízo.<ref>{{Cita novas|autor=|data=10-04-2016|xornal=Eurosport|título=Dobre caída de Cancellara na París-Roubaix e asombrosa maniobra de Sagan para evitalo|url=http://buzz.eurosport.es/fallos/caida-de-cancellara-en-la-paris-roubaix-y-asombrosa-maniobra-de-sagan-para-evitarle-12796/|data-acceso=02-12-2016}}</ref> Desta maneira remataba a primeira parte da tempada para el, non podendo despedirse co dobrete do empedrado.
 
Practicamente un mes despois da [[París-Roubaix 2016|París-Roubaix]], Sagan dispúxose a gañar o Amgen Tour de California, onde era asiduo á vitoria. Tras demostrar unha notable superioridade, facíase con dúas etapas. Case un mes despois de levantar os brazos, volvía a impoñerse nun sprint na 2ª etapa da [[Volta a Suíza 2016|Volta a Suíza]], confirmando así o seu excelente estado de forma, a só 2 semanas de comezar o [[Tour de Francia 2016|Tour de Francia]].