Galeuzca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Ligazóns internas: Francesc Macià, Jesús María de Leizaola e Francesc Cambó
Liña 5:
O primeiro pacto Galeusca (tamén denominado '''Tripla Alianza''') foi asinado na sede do ''Centre Autonomista de Dependents del Comerç i de la Indústria'' (CADCI) o [[11 de setembro]] de [[1923]] por representantes de varias asociacións e partidos:
 
* De Cataluña, de [[Estat Català]] [[Francesc Macià]], de [[Unió Catalanista]] Josep Riera i Puntí e Pere Manen e Artés, e de [[Acció Catalana]] Jaume Bofill i Mates e Antoni Rovira i Virgili.
* De Galicia, das [[Irmandades da Fala]] Alfredo Somoza e Federico Zamora e da [[Irmandade Nazonalista Galega]] [[Vicente Risco]].
* Do País Vasco, Elías Gallastegi ''Gudari'', José Domingo Arana, Manuel Egileor e Telesforo Uribe-Etxebarría, do [[Partido Nacionalista Vasco]] (sector [[Aberri]]). Máis tarde uníronse Julien Arrien e [[Jesús María de Leizaola]], de [[Comunión Nacionalista Vasca]].
 
No documento reclamábase a plena soberanía política para as tres rexións das que procedían, definidas como [[nación]]s e se propoñía a creación dun consello conxunto para unir forzas. Aínda así, durante a [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]], as diferenzas ideolóxicas entre Estat Català e o PNV e a escasa forza política dos nacionalistas galegos deixaron o proxecto en vía morta. Nacionalistas galegos e cataláns participarían no [[Pacto de San Sebastián]]. Non así os vascos.
 
Ata [[1933]] non se volveu propoñer a reactivación do pacto, cando o PNV se aliou con [[Francesc Cambó]], Acció Catalana e Palestra. O [[2 de abril]] de [[1933]], [[Castelao]] viaxa a [[Gernika-Lumo|Gernika]] para participar nun mitin organizado por [[ANV]], no que tamén participaron membros desta formación e o membro de [[ERC]] Riera i Puntí. Alí Castelao asina un convenio de solidariedade entre as tres nacións, xunto a Riera i Puntí e Sabin Seijo, de ANV. O texto asinado dicía así:
 
{{cita|Identificados Vascos, Catalanes y Gallegos, ante el problema de liberación de nuestros respectivos pueblos, sellamos hoy bajo el árbol de Gernika el pacto de mutua solidaridad que ha de traernos la satisfacción de aquel anhelo.<br>