Salvador García-Bodaño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m arranxiño de formato
Liña 22:
Fillo de [[Salvador García-Bodaño Fernández]], cando nin contaba un mes, os seus pais trasladáronse para [[Santiago de Compostela]], cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de [[Carlos Maside]] e [[Ramón Piñeiro]]. Está considerado como membro da [[Xeración das Festas Minervais]].
 
Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en [[1961]] da [[Agrupación Cultural O Galo]], colaborou na realización do proxecto da revista [[Teima]] ([[1976]]); en [[Escola Aberta]]; no [[Museo do Pobo Galego]] (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]] ([[1980]]); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do [[Pedrón de Ouro]]; no [[Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside]], no novo [[Seminario de Estudios Galegos]] (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do [[Instituto Galego da Información]] (IGI); da [[Asociación de Traductores en Lingua Galega]] (ATLG); da [[Fundación Castelao]]; do [[PEN Clube de Galicia]]; da [[Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil]], e a partir do [[25 de novembro]] de [[1992]] membro numerario da [[Real Academia Galega]], da que foi membro da Directiva.
 
Mantén unha columna dominical en ''[[El Correo Gallego]]'', titulada “No pasar dos días”.