Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
cumplir > cumprir
Liña 16:
Desde o momento en que se comezou a estudar a [[mente]] dende un punto de vista [[Ciencia|científico]], a loucura pasou a ser vista como un déficit das facultades mentais que permiten a unha persoa desenvolver unha vida cotiá satisfactoria e plena. Pero incluso tras este avance da perspectiva científica permaneceu a idea popular de que o tolo é aquel que padece un fallo na súa construción [[Símbolo|simbólica]]. Así, o tolo non é quen de construír o modo de subxectividade que prevalece no seu momento histórico-cultural. Isto pode ser consecuencia da interacción cun contexto hostil que produce un aplastamento simbólico do individuo ([[autismo]]), dunha construción subxectiva que non ten cabida nun contexto determinado e o aliena ([[psicose]]) ou dunha construción simbólica que constitúe un perigo para un modo de ser histórico social determinado que o aílla (tolo en xeral, [[sociopatía]], [[neurose]]). Nestes casos a persoa conserva a súa capacidade simbólica intacta desde o nacemento<ref name= gomezsanjuan>GÓMEZ SANJUÁN, M. ''[http://www.euskalnet.net/izkali/docLOCURAYCREATIVIDAD.htm Locura y creatividad en la sociedad]''. {{es}}</ref>.
 
A relatividade dos criterios de normalidade dá unha idea de como concibe cada sociedade o que é a loucura ou o malestar psicolóxico, e as súas formas de tratamento. A [[Etnopsiquiatría]] demostra que as persoas que se apartan da norma do seu grupo, e que serían vistas como tolos por outras culturas, cumplencumpren unha función social no grupo ó que pertencen. Un mesmo [[síntoma]] pode ser ou non sinal de desequilibrio en función dos esquemas imperantes no grupo social no que se dá, que é quen define os seus propios criterios sobre o que é ''normal'' e o que é patolóxico<ref>DESVIAT, M. ''[http://www.atopos.es/pdf_10/1_Itinerarios%20culturales%20de%20la%20locura.pdf Itinerarios culturales de la locura]''. Revista Atopos. {{es}}</ref>. Os estudios transculturais demostran que hai que interpretar de formas moi diferentes os mesmos [[síntoma]]s en ámbitos [[cultura]]is distintos. Desde o punto de vista da [[Etnoloxía]] e da [[Antropoloxía]] cultural, deben comprenderse tanto os condicionamentos [[Sociedade|sociais]] como a relatividade dos síntomas. O que algúns grupos sociais consideran normal (''autonormal'') pode ter un significado [[Psicopatoloxía|psicopatolóxico]] noutros (''heteropatolóxico''), e do mesmo modo, o que un grupo considera patolóxico (''autopatolóxico'') pode ser visto con total normalidade (''heteronormal'') por outro<ref name= domenech/>.
 
De feito hai cadros patolóxicos que son característicos, e nalgúns casos exclusivos, de certas culturas e que son difíciles ou imposibles de localizar noutras. Tal é o caso do ''amok'', unha alteración aguda [[Violencia|violenta]] observada inicialmente en [[malaios]]. Tamén a ''histeria ártica'', forma de [[ecolalia]] observada inicialmente en [[Siberia]], que foi descrita logo noutras zonas de [[Asia]] e recibe o nome de ''latah'' entre os malaios. Coñécese tamén o ''[[windigo]]'', un tipo de psicose [[Canibalismo|canibalística]] que se dá entre os [[Amerindio|indios americanos]], ou a chamada ''morte wudú'' ou morte por [[profecía]], un tipo de morte por suxestión coñecida en [[Haití]]<ref name= domenech/>.