Miguel Gila: Diferenzas entre revisións

cumplir > cumprir
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
cumplir > cumprir
Liña 19:
Quedou orfo de pai sendo cativo e debido a dificultades económicas tivo que deixar os estudos con 13 anos. O seu primeiro traballo foi pintor de coches. Uns anos despois retomou os seus estudos, chegando até o segundo grao de aprendiz de mecánica de aviación traballando nos Talleres Elizalde de [[Barcelona]]. Posteriormente foi fresador en Construcciones Aeronáuticas SA (CASA), en [[Xetafe]].
 
Ao comezo da [[Guerra civil española|guerra civil]], sendo militante das [[Xuventudes Socialistas de España]], participou como voluntario (xullo de 1936) no Quinto Rexemento de [[Enrique Líster]]. Pouco despois, en decembro de 1938, foi apresado e internado até maio de 1939 nun campo de prisioneiros, onde coincidiu co poeta [[Miguel Hernández]]. Pasou logo polos penais de Yeserías, Carabanchel e Torrijos, e despois cumpliucumpriu cun servizo militar de catro anos.
 
Comezou o seu traballo como humorista gráfico en ''La Exedra'', revista editada en Salamanca por un grupo de universitarios cara os anos 1943-1944, e, máis adiante, en ''La Codorniz'' e en ''Hermano Lobo'', aínda que, segundo a súa propia autobiografía, acadou o éxito en 1951 cando actuou en [[Madrid]] como espontáneo no teatro de Fontalba, onde contou un monólogo improvisado sobre a súa experiencia de voluntario nunha guerra. Na década dos cincuenta actuou na radio. A finais dos anos 1950 participou en xiras visitando campamentos militares en África<ref>{{cita web|título=Antifranquistas: Miguel Gila (0:36), 1958.|url=http://www.youtube.com/watch?v=ffTDgKuNvI4&list=FL0vWyCtmmj5_0me3G98EGiA|editor=NoDo|dataacceso=3 de setembro de 2013}}</ref>. En [[1968]] autoexiliouse a [[Buenos Aires]]. Fixo varias xiras por América Latina e dende 1977 tamén por España, onde regresou definitivamente en 1985.
13.694

edicións