Getxo Rugby Taldea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consigue > consegue
cumplir > cumprir
Liña 33:
Durante a década dos '90, o club vive a súa época dourada, acadando os seus maiores éxitos deportivos no equipo sénior masculino, coa consecución dun título de [[Liga Española de rugby|Liga de División de Honor]], catro [[Copa do Rei de Rugby|copas do Rei]] e chegou a tres finais máis desta última competición. Tras este período esplendoroso e cando xa parecía normal a súa presenza na máxima categoría do rugby español e a consecución de títulos, houbo unha crise de xogo que fixo perder tanto a categoría, coma a súa presenza nas finais de copa.
 
O [[século XXI]], significa a recuperación dos bos resultados deportivos, primeiro votando á '''División de Honra''', e máis tarde repetindo a súa participación na '''Final de Copa do Rei de 2005'''. Ademais, este século marca o comezo da profesionalización do club, etapa aínda non finalizada, mais obsérvase nun aumento progresivo do presuposto para cada tempada. Esta década tamén marca o comezo dos éxitos femininos en categoría nacional, xa que consegue gañar a '''Copa da Raíña de 2001 e de 2008''' e acadou outra final desta competición en [[2004]]. Ademais destes éxitos, no ano no que cumplíacumpría 20 anos a súa sección feminina, o [[2009]], e grazas a ter gañado a Copa da Raíña do ano anterior, enfrontouse na '''Final da Copa de Europa Feminina''' ao equipo francés do '''USA Toulouges''', perdendo a final a dobre partido.
 
O [[19 de abril]] de [[2009]] consumábase o descenso directo do Getxo á [[División de Honra B de Rugby|División de Honra B]] tras perder ante o líder, o [[CRC Madrid]], e finalizar en última posición a tempada regular. Para a tempada [[2009]]-[[2010]], o equipo militou no Grupo 1 ([[Norte]]) da División de Honra B.