Diferenzas entre revisións de «Tratado de Valençay»

→‎Historia: corrixo erro
(→‎Historia: corrixo erro)
As negociacións comezaron o 20 de novembro de [[1813]] en [[Valençay]], residencia real na [[Francia]] de Fernando VII, entre [[José Miguel de Carvajal]], [[duque de San Carlos]], e [[Antoine René Mathurin]], conde de Laforest. O acordo asinouse finalmente o día 11 de decembro dese mesmo ano. Napoleón aceptaba a suspensión de hostilidades e a volta de Fernando VII ao trono de España, así mesmo recoñecía todos os territorios baixo soberanía da familia real española, consonte a situación anterior ao inicio da guerra.<ref name=":0">Sánchez Mantero (2001), p. 82</ref> Ambos os dous países devolveríanse mutuamente as prazas e territorios ocupados.<ref name=":0" />
 
O monarca español comprometíase a devolver os dereitos e honras dos partidarios do ex-rei [[Xosé I|Xosé Bonaparte]], ademais de concertar un tratado de comercio, e aínda a pasar a seus pais, [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e [[María Luísa de Parma]], unha pensión de trinta milmillóns de reais anuais.<ref>Artigo 13 do Tratado.</ref>
 
O tratado foi ratificado un mes despois en [[París]], e, apenas uns meses logo da sinatura do tratado, as tropas napoleónicas abandonaron completamente os territorios españois.
19.404

edicións