Diferenzas entre revisións de «Tratado de Valençay»

m
engado bibliografía e referencias
m (engado a Categoría:1813 mediante HotCat)
m (engado bibliografía e referencias)
O '''Tratado de Valençay''' foi un acordo asinado na localidade [[Francia|francesa]] do mesmo nome, o [[11 de decembro]] de [[1813]],<ref>Comellas (1981), p. 341</ref> polo que o emperador [[Napoleón I de Francia]] ofrecía a paz, recoñecendo a [[Fernando VII]] como rei de [[España]], a causa das derrotas sufridas na [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]] e, especialmente, polo degaste progresivo do exército francés e da moral dos soldados polo continuado acoso das forzas que actuaban en [[guerrilla]].
 
== Historia ==
As negociacións comezaron o 20 de novembro de [[1813]] en [[Valençay]], residencia real na [[Francia]] de Fernando VII, entre [[José Miguel de Carvajal]], [[duque de San Carlos]], e [[Antoine René Mathurin]], conde de Laforest. O acordo asinouse finalmente o día 11 de decembro dese mesmo ano. Napoleón aceptaba a suspensión de hostilidades e a volta de Fernando VII ao trono de España, así mesmo recoñecía todos os territorios baixo soberanía da familia real española, consonte a situación anterior ao inicio da guerra.<ref name=":0">Sánchez Mantero (2001), p. 82</ref> Ambos os dous países devolveríanse mutuamente as prazas e territorios ocupados.<ref name=":0" />
 
O monarca español comprometíase a devolver os dereitos e honras dos partidarios do ex-rei [[Xosé I|Xosé Bonaparte]], ademais de concertar un tratado de comercio, e aínda a pasar a seus pais, [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e [[María Luísa de Parma]], unha pensión de trinta mil reais anuais.
O tratado foi ratificado un mes despois en [[París]], e, apenas uns meses logo da sinatura do tratado, as tropas napoleónicas abandonaron completamente os territorios españois.
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Bibliografía ===
 
* {{Cita libro|título=Historia general de España y América.|apelidos=Comellas|nome=José Luis|editorial=Rialp|ano=1981|ISBN=84-321-2109-6|ref=|volume=12 (Del antiguo al nuevo régimen: hasta la muerte de Fernando VII)|lugar=Madrid}}
*{{Cita libro|título=Fernando VII|apelidos=Sánchez Mantero|nome=Rafael|editorial=Arlanza|ano=2001|ISBN=84-95503-23-9|ref=|serie=Col. Los Borbones, nº 6|lugar=Madrid}}
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Guerra da Independencia española]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://books.google.es/books?id=R0MOAAAAQAAJ&printsec=titlepage&source=gbs_summary_r&cad=0#PPA12,M1 Texto do tratado] {{es}}
19.741

edicións