Santalla de Vilausende, Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios, replaced: advocación de santalla → advocación de Santalla
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Patrimonio: Castro da Torre e ref.
Liña 32:
Os restos do [[pazo de Quinta Longa]], no lugar dos Castros, é un conxunto en mal estado de conservación. A casa conserva a súa estrutura primitiva, con parte do patio de ingreso e corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada coa inscrición e cartelado cos emblemas dos Montenegro e Luaces. Completan o conxunto un pombal de forma hexagonal e unha capela que estivo adicada a Virxe da Inmaculada, que conforman un recinto todo amurallado.
 
No lugar dos Castros quedan restos dun [[castro (poboado)|poboado castrexo]] con cerámica abundante e varios muíños de man, e no lugar da Torre, o [[Castro da Torre]].<ref>{{Cita libro|título=Sobre os castros de Ribadeo|url=https://www.worldcat.org/oclc/733842086|editorial=O Tesón|data=[2009]|lugar=[Lugo]|ISBN=9788461296446|OCLC=733842086|nome=José María|apelidos=Rodríguez Díaz|ano=2009|ref=}}</ref>
 
== Festas e lecer ==
Celébranse as festas patronais o [[10 de decembro]], na honra a Santa Eulalia. A Festa das Flores, que ven sendo máis relevante, celébrase a derradeira semana de maio ou ben a primeira de xuño. O [[10 de xuño]] tamén se celebran as Festas do Corazón de Xesús. Trátase dunha celebración relixiosa (sen verbena), xa que noutrora considerábase que bailar ese día era pecado e na actualidade se está a conservar tal tradición.
 
== Galería de imaxes ==