Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
Sen resumo de edición
Liña 37:
As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da [[segunda guerra mundial]].
==A orixe da guerra==
No século XIX, as grandes potencias europeas mantiñan un equilibrio de poder pero en constante tensión, a este período chamaríanllle posteriormente a "Paz armada", debido ao imperialismo dos estados europeos tecéranse diversas redes de alianza político militar na que un país veciño buscaba aliarse co país veciño dedo seu inimigo de tal forma que para a primeira década do século XX se formaran dous bloques, por un lado o capitaneado por Alemaña xunto cos imperios Austrohúngaro e Otomán e do outro lado a tradicional rival Francia xunto con Inglaterra e Rusia.
 
Todo estalou debido a un conflito de intereses imperialistas na zona dos Balcáns, o reino de Serbia quería expandirse polos territorios veciños, primeiro tentouno na primeira guerra balcánica e logo mediante campañas de propaganda onde afirmaba que era a nación que debía liderar aos pobos eslavos do sur, para iso aliouse con Rusia fronte ao seu veciño o Imperio Austrohúngaro, que dominaba a rexión de Bosnia-Herzegovina. Esta rexión habitada por eslavos pero pertencente ao Imperio Otomán aínda que administrada polo Imperio Austrohúngaro, era continuamente obxectivo de axitación nacionalista paneslava por parte dos serbios. Unha sociedade segredasecreta militar serbia, A Man Negra, que desde facíahabía cinco anos manexaba os resortes de poder no reino Serbio aproveitou a visita do príncipe austríaco Franz Ferdinand a Bosnia para asasinalo, xa que vían nel e na súa política de reforma para dar maior autonomía aos diversos pobos do imperio, un perigo de perder o protagonismo paneslavo. Os militares ultranacionalistas de Serbia utilizaron unha asociación de mozos serbios moi activos para que desen o golpe, que ao principio saíu mal, pero Gravilo Princip tivo sorte e matou a seu obxectivo sendo detido, mais os seus cómplices fuxiron apara Serbia. Isto foi descuberto polas autoridades austríacas que comezaron a facer presión sobre Serbia para que permitise unha investigación austríaca en chan serbio ao que se negou o seu goberno en reiteradas ocasións ata que Austria enviou un ultimato negociando 15 puntos, que non foron aceptados polo que Austria declarou a guerra a Serbia, a partir de aquí as declaracións de guerra entre os diversos imperios europeos segiuseguiu en efecto dominó.
 
== Bandos ==
[[Ficheiro:Map Europe alliances 1914-es.svg|miniatura|320px|Alianzas militares europeas en [[1915]]. A [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] está representada en castaño, a [[Tripla Entente]] en verde e as nacións neutrais en pexego]]
 
A formación de dous bloques opostos foise constituíndo durante as décadas anteriores ao inicio da guerra. A finais do [[século XIX]], tras a guerra franco-prusiana, [[Otto von Bismarck]], chanceler [[prusia]]no, conseguiu establecer unha serie de alianzas cuxo fin era o de illar Francia. Trala guerra entre Francia e Prusia, rematou a unificación de Alemaña e o establecemento do II Reich. Ademais da perda territorial, Francia foi humillada no tratado de paz, iniciando un espírito de vinganza semellante ao que ocorreu en Alemaña en 1918. Por outra banda, Alemaña firmou varios tratados militares e comerciais co Imperio Austro-Húngaro, para tratar de consolidar un bloque central conxunto que fixese fronte a Rusia, que pretendía conseguir unha saída ao [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Conseguiu acordos semellantes con [[Italia]], formándose así a [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]]. Deste xeito, Bismarck conseguiu manter ao seu país en paz. Posteriormente, o káiser Guillerme II rexeitaría a política do chanceler e este dimite por falta de apoios. A partir de entón, o káiser amósase ávido de expansión territorial pola forza. En 1902 iníciase un ambicioso proxecto de modernización da mariña militar. Amplíase o exército de terra e mércanse novos equipos. Constitúense os corpos de reservistas. No tocantecaso áda política exterior, deixa a Francia ceibe, quen rapidamente firma acordos militares co [[Imperio Ruso]], dirixido polo tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]].
 
Na primeira década do século XX consolídanse dous bandos: un central, formado por Italia, o [[Imperio Alemán]] e o [[Imperio Austro-Húngaro]]; e o outro, a ''Entente Cordiale'', formado polo [[Imperio Ruso]] e por Francia. Posteriormente, únese ao segundo grupo o [[Imperio Británico]], que vía no crecemento naval alemán unha ameaza seria. Ata 1914, todos os países organizan as tropas, mercan equipos e trazan diversos plans bélicos durante un período coñecido como ''Paz Armada'', en especial o Imperio Ruso, que fora derrotado polo Xapón en 1905 sufrindo unha dura derrota.
Liña 50:
En agosto de 1914 estoupa a que sería a primeira guerra mundial. Austria-Hungría invade [[Serbia]], o Imperio Ruso decláralle a guerra aos austríacos. O Imperio Alemán declara a guerra a Francia e ao Imperio Ruso. Francia declara a guerra a Austria-Hungría. Os alemáns invaden [[Bélxica]] para chegar a Francia e o Imperio Británico, que garantira a independencia belga, decláralle a guerra ao II Reich.
 
Italia decide non intervir en 1914, rompendo os acordos coas outras potencias centrais. En 1915, a cambio de promesas de conquista territorial aá expensascusta de Austria-Hungría, Italia involúcrase na guerra a favor dos aliados. En outubro de 1914, o Imperio Otomán, axudado polos alemáns, ataca Rusia e entra na guerra no bando das potencias centrais.
 
O Xapón ataca os postos alemáns no [[Pacífico]] e entra na guerra no bando aliado. Os Estados Unidos, tras o afundimento do transatlántico Lusitania, entra na guerra en favor dos aliados.
Liña 58:
== Cronoloxía da guerra ==
A guerra pasou por diferentes fases:
* '''1ª fase''': durante a primeira fase os éxitos caeron do bando das potencias centrais. Austria-Hungría invade a Serbia e toma a maior parte do país. Non obstante, sofre moitas máis baixas do agardado. Na fronte occidental, Alemaña leva a iniciativa. Pon en marcha o plano Schlieffen, invadindo Bélxica para chegar a Francia. A invasión de Bélxica éten exitosaéxito, pero a un custo elevado. A pesar da oposición francesa e británica, os alemáns chegan a Francia. As tropas centrais primeiro diríxense cara a París, e logo viran ao oeste tratando de envolveren as tropas aliadas. Deste xeito pérdese un tempo valioso, permitindo a Francia reorganizar a defensa da capital. Cando os alemáns tentaron asaltar a cidade, foron repelidos contudentemente na [[Primeira Batalla do Marne]]. As ofensivas galas a través de Alsacia e Lorena foron un total fracaso e supuxeron elevadas perdas. Pola súa banda, o Corpo Expedicionario Británico non puido aguantar a acometida xermana e tivo que retirarse en varias ocasións. A finais de 1914 a fronte quedou estabilizada tras a [[batalla de Yser]] e apenas se movería ata [[1918]]. A fronte oriental en cambio era moito máis móbil. En 1914 as tropas tsaristas invadiron Austria-Hungría e Prusia oriental. Avanzaron fondamente pero finalmente foron repelidas na [[batalla de Tannenberg]]. Tras as diversas batallas, desapareceron o I e II Exércitos rusos e morreron aproximadamente 1.000.000 de austríacos. Tamén en 1914, o Imperio Otomán atacou o Imperio Ruso a través de [[Armenia]], con escaso éxito.
* '''2ª fase''': tras a batalla de Yser estabilízase a fronte na Francia. Ambos os bandos comezan a construción dunha serie de trincheiras que iría desde [[Suíza]] ata a costa atlántica francesa. A partir de entón todas as batallas consistirían primeiro nun bombardeo masivo de artillaría que destruiría as defensas inimigas e aturdiríaatordaría os soldados rivais, seguido dun asalto pola infantaría coa [[baioneta]]. Malia as grandes ofensivas, tanto alemás ([[batalla de Verdún]]) como aliadas ([[ofensiva do Somme]]), a liña da fronte apenas se movería ata 1918. O éxito de cada ataque medíase en relación á superficie gañada, ás veces custando miles de vidas cada metro conquistado. A fronte oriental sempre foi moito máis móbil cá occidental. A finais de [[1917]] o exército ruso estaba desfeito, carecía de alimentos e municións e o pobo ruso estaba ao bordo da sublevación. Isto favoreceu intensamente a chegada ao poder do [[comunismo]], con [[Lenin]] á cabeza, que se retirou da guerra asinando o tratado de Brest-Litovsk. Tamén en 1917, os Estados Unidos declaran a guerra ao Imperio Alemán tras o afundimento do transatlántico Lusitania.
* '''3ª fase''': a fase final da guerra comezou en 1918, tras a sinatura do tratado de Brest-Litovks, a través do cal a Rusia revolucionaria rendíase ao Imperio Alemán. Deste xeito, quedaban liberados medio millón de soldados alemáns, que agora serían destinados á fronte occidental. O Alto Mando alemán quería finalizar a guerra antes de que chegasen máis tropas estadounidenses e por iso enviou a todos os efectivos na [[ofensiva de San Miguel]]. Os resultados iniciais foron moi bos e axiña afondaron en Francia. Os británicos tiveron que repregarse perdendo case tantos homes coma na ofensiva do Somme de 1916. Os franceses tamén sufriron moitas baixas. Parecía que Alemaña estaba a punto de gañar a longa guerra pero, caraarredor ada mediadosmetade de 1918, esgotouse. A cidadanía alemá desexaba a conclusión da guerra debido ás penurias económicas e alimentarias que sufría e presiounou ao goberno para que o káiser fose deposto. A finais do verán, os aliados recuperáranse e contraatacaron en numerosos puntos durante a [[ofensiva dos cen días]]. Os aliados contaban coa vantaxe dun maior número de tropas (franceses, británicos, australianos, neozelandeses, canadenses, estadounidenses) e dunha superioridade tecnolóxica (maior número de avións e tanques). Durante meses hostigaronxostregaron aos alemáns, ata que en outubro se fixovolverse inevitable iniciar negociacións para un armisticio. As condicións que impuñan os aliados, sobre todo os franceses, eran tan duras que os alemáns non as aceptaron. Finalmente, ante a ameaza do colapso do país, o Imperio Alemán firmou a rendición incondicional. Os aliados aínda non romperan de todo as liñas alemás, pero o Imperio estaba ao bordo da revolución, e agora só, tras a rendición de Austria-Hungría, a [[Bulgaria]] e do Imperio Otomán. Ás 11 horas do [[11 de novembro]] de [[1918]] cesaron todos os combates. O II Reich quedaba suprimido e instaurábase a ''República Alemá'' tras o exilio do káiser Guillerme II de Alemaña.
 
== Frontes da guerra ==
Liña 72:
=== Fronte oriental ===
{{Artigo principal|Fronte oriental (primeira guerra mundial)}}
A fronte oriental ábrese en 1914 cando o Imperio Alemán e Austria-Hungría mobilizan os seus exércitos contra o Imperio Ruso. Ao longo das fronteiras dispóñense 1.500.000 de austríacos e 1.000.000 de alemáns. A diferenza doutras frontes, a oriental é moito máis móbil e as liñas defensivas varían moito ao longo da guerra. O primeiro en atacar foi o Imperio Ruso que bombardeou Prusia oriental e o leste de Austria. O I e II Exércitos rusos invadiron o leste austríaco e prusiano con bastante sorpresa por parte das potencias centrais. O avance ruso foi detido polos xermanos en Polonia, na batalla de Tannenberg, tras a que ambos os exércitos rusos foron esmagados. En 1915, Bulgaria declara a guerra aos aliados e destina os seus exércitos a dúas frontes: unha parte á fronte rusa e outra á fronte dos [[Balcáns]]. Ese mesmo ano, axudará a expulsar aos serbios do seu propio territorio. O Imperio Otomán ataca ao ruso en Armenia e entra na guerra en favor de Alemaña. En xuño de 1916, o xeneral ruso Brusilov organiza un ataque e consegue tomar parte de Austria, pero os alemáns contraatacan e recuperan os territorios no inverno do mesmo ano. En xuño de 1917, os rusos volven á carga, tras asumir o poder [[Aleksandr Kerenskii|Kerenskii]] pero as potencias centrais volven contraatacar e conquistan [[Riga]]. Despois desta derrota, Rusia perde a iniciativa e en novembro estoupa a revolución bolxevique. En 1918, Rusia réndese e a fronte oriental desaparece. Os soldados destinados nela son trasladados á occidental e á fronteira italiana.
 
=== Fronte italiana ===
{{Artigo principal|Fronte italiana (primeira guerra mundial)}}
A fronte italiana instaurouse en 1915 [[Tratado de Londres de 1915|coa entrada de Italia na guerra en favor dos aliados]]. Antes da guerra, Italia formaba parte da [[Tripla Alianza]], xunto con Austria-Hungría e o Imperio Alemán. A pesar da existencia destes acordos, Italia decidiu non axudar aos seus aliados cando se iniciou a guerra en 1914, considerando que os pactos acadados eran tan só defensivos e o conflito serbio-austríaco non era xustificación para involucrarse na contenda. En abril de 1915 deu por non válido este compromiso e en maio declaroulle a guerra a Austria-Hungría, ao Imperio Alemán e ao Imperio Otomán, coa promesa aliada de que obtería territorios austríacos. A fronte estabilizouse axiña en [[Gorizia]] e no [[río Isonzo]], onde Austria estableceu unha liña densa de trincheiras e diversos fortes. As tropas italianas pretendían realizar unha ofensiva rápida e afondarprofundar en Austria pronto, pero os transportes eran escasos e o terreo a percorrer, angosto. Despois de numerosos ataques apenas se movera a liña. Durante dous anos, Italia lanzou diversos ataques contra as defensas austríacas, sen resultado agás pequenas vitorias parciais. En 1917 produciuse o avance aliado máis importante, debido á necesidade austríaca de enviar efectivos cara a [[fronte oriental (Primeira Guerra Mundial)|fronte oriental]] durante a [[ofensiva de Brusilov]]. En 1918, os alemáns enviaron reforzos tras vencer aos rusos. Reforzaron as liñas defensivas e emprenderon novos ataques empregando tácticas distintas. As defensas italianas estiveron a punto de colapsarse pero aguantaron ata ao final da guerra.
 
=== Fronte balcánica ===
Liña 95:
 
* Europa: nas augas europeas, a mariña real británica e a mariña de guerra francesa tentaron impor un bloqueo marítimo ás potencias centrais, limitando o abastecemento de Alemaña e Austria-Hungría. Pola súa parte, a frota de guerra do Imperio Alemán tentaría romper o bloqueo nunha serie de batallas que perdería. A maiores, desenvolveu unha nova arma, o [[submarino]], que distribuirá polas distintas augas europeas cuxo obxectivo é o de afundir o maior número de barcos posibles dos aliados. Especialmente, interesaba cortar as liñas de subministracións de municións e alimentos que proviñan de [[América]] (Estados Unidos, Arxentina etc.). No Mediterráneo, Austria-Hungría despregou a súa frota e enfrontouse aos barcos aliados. A través deste mar, os británicos e franceses pretendían atacar e vencer ao Imperio Otomán. Aínda así, o desembarco realizado en Gallipolli non tivo éxito e tiveron que retirarse.
* Asia: cando estoupoucomezou a guerra, atopábanse en Asia parte da frota rusa, a frota xaponesa, parte da británica e a alemá. As bases navais alemás foron bombardeadas e tomadas. A frota alemá foi derrotada pola británica.
* África: ao igual que en Asia, polas costas africanas navegaban frotas das potencias coloniais. As naves británicas volveron a gañar a partida ás alemás, pero estas causaron danos aos transportes aliados.
 
== Desenvolvemento tecnolóxico ==
A partir de 1914 e ata a fin da guerra, ambos os bandos investiron inxentes recursos na fabricación e evolución de todos os materiais bélicos. Os fusís foron mellorados no seu alcance e precisión. O fusil de francotirador popularizouse, acadando unha potencia e fiabilidade maior. A metralladora converteuse nunha arma estándar. Reduciuse o seu tamaño, aumentou a precisión e a potencia. Empregouse nas trincheiras, nos búnkeres e nos vehículos. Requiría dous homes, un que a manexase e un auxiliar de munición. A artillería foi tamén obxecto de mellora. Fabricáronse novos canóns, cuxo alcance era moi superior aos antecesores. Ao mesmo tempo, apareceron pezas de artillería pequenas, moi precisas, capaces de disparar un elevado número de proxectís en pouco tempo. Apareceron tamén pezas sen retroceso, polo que tras cada disparo non era preciso modificar a súa posición.
 
A guerra química experimentou un crecemento espectacular. O uso de gas iniciouse en [[Segunda batalla de Ypres|Ypres]] polas tropas alemás. A partir de entón volvéronse habituais os ataques con gases asfixiantes por ambos os bandos.
 
Un dos inventos máis salientables da guerra foi o [[carro de combate|tanque]], unha unidade mecanizada blindada, capaz de resistir os disparos das metralladoras e de atravesar os terreos enlamados e irregulares. Serían os británicos os primeiros en empregalos en Cambrai. Os aliados confiaron neles e fabricaron varios milleiros de unidades. En cambio, os alemáns desconfiaron del e optaron por non fabricar máis que unhas decenas.
Liña 203:
 
=== Consecuencias demográficas ===
En 1919 as estatísticas amosaron aproximadamente o número de falecidos e feridos pola ''gran guerra'', contándose máis de 14 millóns de mortos entre civís e militares. As xeracións máis novas foron as máis afectadas debido ao reclutamentorecrutamento obrigatorio en case todos os países que intervironinterviñeron. Ata ese momento, a gran guerra fora a contenda que máis vidas arrebatara. O modelo de batallas, a nova artillería precisa, os aramados, as metralladoras, as minas, o gas e os disparos incrementaron enormemente a mortalidade dos militares. Ata entón, a artillería non fora usada de forma masificada, nin as minas nin se empregara o gas. Os francotiradores tampouco foran tan usados e as metralladoras inda non foran estandarizadas. A trincheira converteuse no fogar de millóns de soldados. O déficit hixiénico que nelas reinaba provocou o espallamento de diversas enfermidades. A escaseza de auga e alimentos, sobre todo nas trincheiras das potencias centrais, incrementaba o número de mortes pouco a pouco. En 1915 a guerra converteuse nunha batalla de demografías. Nas grandes ofensivas coma a da [[ofensiva do Somme|Somme]] ou na [[batalla de Verdún]], cada metro conquistado custou milleiros de vidas. Cara 1919 unha pandemia, a mal chamada [[Gripe de 1918|gripe española]] produciría unha elevada mortalidade que acabaría con varios millóns de persoas. Parte dos falecidos eran soldados que volvían da fronte á casa e serviron de vectores para transmisión do virus responsable. Suxírese que a agresividade do patóxeno se debía en parte á [[sistema inmune|inmunodepresión]] que afectaba aos militares en combate. A denominación de ''gripe española'' débese a que foi en [[España]] onde máis publicacións falaron da enfermidade. Nos países que participaran na contenda, a censura impediu a impresión de numerosa información sobre a pandemia.
 
=== Consecuencias económicas ===
Catro anos de guerra necesitaron unha inxente cantidade de fondos. O Imperio Alemán, Austria-Hungría, o Imperio Otomán, Francia e o Imperio Británico acabaron con case todas as reservas económicas, mercando equipamento, municións, aviación, alimentos e investigación de novas armas. Francia e o Imperio Británico recorreron a préstamos estadounidenses, o que supuxo un grande estímulo económico. Ademais, a produción norteamericana incrementouse para satisfacer a demanda europea de material de diversa clase. Outros países coma Arxentina ou España tamén subministraron alimentos, armas e uniformes. Tras a guerra, as potencias europeas quedaron severamente endebedadas. A produción industrial quebrou, xa que de 1914 ao 1918 adicárase tan só a fabricar armamento e outro material bélico. Todas estas circunstancias produciron a perda da hexemonía económica de Europa, en favor dos Estados Unidos e do Xapón. A partir de 1919, os créditos estadounidenses axudarían á recuperación dos contendentes, restablecendo pouco a pouco a normalidade económica ata a [[crise de 1929]]. No tocantecaso ade España, produciuse un aumento das exportacións de 1914 ata 1917. Non obstante, conforme se incrementaban as vendas, aumentaba espectacularmente a inflación, o que propiciou unha grave crise.
 
=== Consecuencias territoriais ===
Liña 216:
As consecuencias máis graves sufríronas os perdedores da contenda, o Imperio Austro-Húngaro, o Imperio Alemán e o Imperio Otomán. Os tres imperios desapareceron dando lugar a cadansúa república: Alemaña, Austria, Hungría e Turquía. Tamén desapareceu o Imperio Ruso e xurdiu a Rusia revolucionaria. A diferenza reside en que a desaparición dos tres primeiros imperios foi parte dos acordos de paz asinados coas potencias aliadas. En cambio, o Imperio Ruso desapareceu por mor dunha revolución interna iniciada durante a guerra, en 1917.
 
O Imperio Alemán deu lugar á república de Weimar, perdendo [[Alsacia]] e [[Lorena (rexión)|Lorena]] en favor de Francia. Ambas as rexións xa sufriran cambios de nacionalidade. O último ocorrera tras a vitoria prusiana na [[guerra franco-prusiana]]. Tamén perdeu territorios en favor de Polonia (Polonia desaparecera coma estado no ano 1795, repartíndose o seu territorio entre Prusia e o Imperio Ruso) e en favor do novo estado de Checoslovaquia. A perda do acceso á cidade de DanzingDanzig para os alemáns sería un dos eixoseixes da política expansionista de [[Adolf Hitler]]. A [[segunda guerra mundial]] iniciouse nesta rexión, cando as tropas [[nazi]]s invadiron Polonia. Outros territorios menores foron perdidos en favor de Lituania, Bélxica e [[Dinamarca]].
 
O Imperio Austro-Húngaro tamén desapareceu, formándose os estados independentes de Austria, Hungría, Iugoslavia, Checoslovaquia, Eslovenia, Ucraína e Croacia. Tamén se redistribuíron rexións en favor de Italia e Polonia.