Split: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 53:
No [[século XV]], os [[Imperio otomán|turcos otománs]] chegaron a Dalmacia, e aínda que tomaron o control do corazón da rexión, non entraron a Spalato, que permaneceu baixo o control de Venecia. Para [[1718]], as guerras turco-venecianas acabaron coa presenza dos turcos na Dalmacia, e Spalato continuou oficialmente baixo a soberanía de Venecia até [[1797]], cando [[Napoleón Bonaparte]] disolveu a [[República de Venecia]], e a Dalmacia quedou baixo o control de [[Austria]] (véxase [[Tratado de Campo Formio]]). Con todo, tras a [[Batalla de Wagram]] en [[1809]], Austria perdeu Spalato, que quedou baixo control francés, integrada primeiro no "Reino napoleónico de Italia" e logo nas [[Provincias Ilirias]]. Para [[1813]], a cidade atopábase de novo baixo control [[Imperio austríaco|austríaco]], e iniciouse un período de estancamento político e social.
[[Ficheiro:SPLIT-City plan 1912.jpg|miniatura|300px|Mapa de Spalato en 1912, cos barrios "italianos" de Borgo Grande, Borgo Pozzobon, Borgo Luca, Botticelle e do palacio de Diocleciano]]
Neses anos empezou a inurbarse en masa a poboación croata do interior de Dalmacia, diminuíndo así a porcentaxe italiana da poboación de Spalato (até entón maioritario na área urbana), e en 1880 o último alcalde de etnia italiana, Bajamonti, foi substituidosubstituído por un croata. Aínda no censo austríaco de [[1910]] quedaban 2082 italianos dun total de 21.670 habitantes de Spalato e a topografia da cidade era completamente italiana nos nomes dos barrios. Trala [[Primeira Guerra Mundial]] e a disolución do [[Imperio austrohúngaro]], a provincia de [[Dalmacia]], incluída Spalato, pasou a formar parte do [[Reino de Iugoslavia|Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]] ([[Reino de Iugoslavia]]).
 
Tras a anexión de Fiume ([[Rijeka]]) e Zara ([[Zadar]]), (os outras dúas cidades importantes da rexión xunto con Spalato), por [[Italia]], Spalato en [[1919]] foi renombrada oficialmente "Split" (en croata) e converteuse no principal porto de Iugoslavia e na capital de Banovina Litoral. A liña de ferrocarril de Lika que conectou a cidade co resto do país foi inaugurada en [[1925]]. Co acordo Cvetković-Maček, Split converteuse en parte dunha nova unidade administrativa, Banovina de Croacia, froito da unión de Banovina Litoral, [[Sava]] e algunhas zonas contiguas poboadas por croatas. Case a metade dos Italianos de Spalato fuxiron ao Reino de Italia, a consecuencia do nacionalismo croato neses anos, e favoreceron o [[irredentismo italiano]] cara a Spalato.