Estatua da Liberdade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 118:
O 18 de febreiro de [[1879]], [[Frédéric Auguste Bartholdi|Bartholdi]] obtivo en Estados Unidos a [[patente]] para o monumento, co número D11.023.<ref>{{Cita web |url=http://www.s9.com/Biography/Bartholdi-Frederic-Auguste |título=Bartholdi, Frederic Auguste |dataacceso=24 de decembro de 2008 |autor=s9.com Biography |lingua=inglés}}</ref>
 
Esta patente describíaa nos seguintes termos:{{cita|a statue representing Liberty enlightening the world, the same consisting, essentially, of the draped female figure, with one arm upraised, bearing a torch, and while the other holds an inscribed tablet, and having upon the head a diadem, ...|col2=unha estatua que representa Liberdade que ilumina o mundo, que consiste, esencialmente, nunha figura feminina cuberta, cun brazo alzado, aguantando un facho, e mentres o outro sostén unha placa inscrita, e ten sobre a cabeza unhaun diadema, ...|U.S. Patent D11,023<ref>{{Cita web| url=http://patft.uspto.gov/netacgi/nph-Parser?patentnumber=D11023 |título=U.S. Patent D11,023 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | editor=United States Patent and Trademark Office |lingua=inglés}}</ref>}}
A patente tamén especificaba que o rostro da estatua tiña "trazos clásicos, pero ao mesmo tempo atópase seria e tranquila" …,<ref>Texto orixinal da patente: «Classical, yet severe and calm, features».</ref> e que estaba "lixeiramente inclinada cara á esquerda para descansar sobre a perna esquerda, con toda a figura permanecendo en equilibrio".<ref>Texto orixinal da patente: «Thrown slightly over to the left so as to gravitate upon the left leg, the whole figure thus being in equilibrium.»</ref>
 
=== Adquisición da illa ===
A estatua atópase situada na [[illa da Liberdade]] no [[porto de Nova York]]. Orixinalmente a illa era coñecida como illa de Bedloe, e serviu como unha [[base militar]]. Nela aloxouse o forte Wood, un antigo bastión de [[artillería]] construído en [[granito]] e cuxos [[cimento]]s en forma de estrela de once puntas, serviron de base para a construción do zócolo da estatua.<ref>{{Cita web |título=Liberty's Statue |url=http://query.nytimes.com/gst/abstract.html?res=9805E6D81E3EEF33A25753C1A9669D94679FD7CF |editor=[[The New York Times]] |data=10/10/1886 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | lingua=inglés}}</ref> A elección do terreo e a súa obtención requiriron de varios pasos. En [[1887]], o [[Congreso dos Estados Unidos]] deu a súa aprobación para a construción da estatua e o xeneral [[William Tecumseh Sherman|W. T. Sherman]] foi nomeado para designar o terreo onde se construiría o monumento. Este escolleu como emprazamentolocalización a illa de Bedloe.<ref>{{Cita web |url=http://www.nps.gov/history/history/online_books/hh/11/hh11g.htm |título=Statue of Liberty |editor=[[Servizo Nacional de Parques|National Park Service]] |publicación=Historical Handbook Series No. 11 - Construction of the Pedestal |ano=1954 |autor=Benjamin Levine e Isabelle F. Story | dataacceso=24 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> Quince anos antes da inauguración, Bartholdi xa previra a construción do monumento na illa de Bedloe, fascinado pola xuventude e promesas de liberdade desa nación e imaxinouna orientada cara ao seu continente de orixe, a [[Europa]] que acollía e ía continuar acollendo aos [[Inmigración|inmigrantes]].<ref>{{Cita web | editor=Histoire et Patrimoine | título=BARTHOLDI - un livre de Robert Belot et Daniel Bermond | ano=2007 | url=http://www.histoire-et-patrimoine.com/bartholdi.html | dataacceso=10 de outubro de 2008 | lingua=francés | urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090418060752/http://www.histoire-et-patrimoine.com/bartholdi.html | dataarquivo=18 de abril de 2009 | urlmorta=si }}</ref> Non foi senón ata [[1956]], que o Congreso de Estados Unidos decidiu un cambio de nome da illa Bedloe polo de ''Liberty Island'', «Illa da liberdade».
 
O embaixador dos Estados Unidos en Francia, [[Levi P. Morton]], colocou o primeiro remache da construción da estatua en [[París]] o 24 de outubro de [[1881]].<ref>{{Cita web |título=Bartholdi's Statue of Liberty |url=http://query.nytimes.com/gst/abstract.html?res=980CEFDF113CEE3ABC4D51DFB667838A699FDE |editor=[[The New York Times]] |data=25/10/1881 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | lingua=inglés}}</ref>
Liña 132:
A realización da inmensa base da estatua fora confiada por Bartholdi aos estadounidenses, mentres que os franceses asumiron a construción da estatua e a súa correspondente montaxe.
 
A recadación de fondos para levar a cabo a construción da base en Estados Unidos, atopábase baixo a responsabilidade do [[Fiscal Xeral dos Estados Unidos|Fiscal Xeral]], William M. Evarts. Dado que a construción avanzaba moi lentamente, [[Joseph Pulitzer]] (famoso polo [[Premio Pulitzer|premio]] que leva o seu nome) aceptou pór aá disposición dos responsables da construción as primeiras páxinas do ''[[New York World]]'', e levou a cabo unha gran campaña de publicidade para recadar fondos. O [[Prensa escrita|diario]] tamén foi utilizado para criticar as clases altas, mostrando a súa incapacidade para recadar os fondos necesarios, así como as clases medias, que contaban cos máis ricos para facelo.<ref name="historyculture">{{Cita web |url=http://www.nps.gov/stli/historyculture/index.htm |título=History Culture |dataacceso=24 de decembro de 2010 |editor=National Park Service|lingua={{en}}}}</ref> As duras críticas do xornal tiveron un impacto positivo, fomentando aos doantes privados a incrementar as súas achegas e proporcionando ao mesmo tempo publicidade ao xornal, xa que se rexistraron uns 50.000 novos abonados durante este período.
 
Os fondos necesarios para a construción do soto deseñado polo [[arquitecto]] estadounidense [[Richard Morris Hunt]] e realizado polo [[enxeñeiro]] [[Charles Pomeroy Stone]], reuníronse en agosto de 1884. A primeira pedra do [[pedestal]] foi colocada o 5 de agosto de [[1884]], mentres que a base, na súa maioría composta por pedra de Kersanton, foi construída entre o 9 de outubro de 1883 e o 22 de agosto de 1886.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Belot|Bermond|2004}} páx. 348</ref>
Liña 138:
Cando se colocou a última pedra do monumento, os albaneis colleron varias moedas dos seus petos, e botáronas no [[Morteiro (construción)|morteiro]]. Os participantes na cerimonia deixaron as súas tarxetas de visita, medallas e xornais nun pequeno cofre de bronce, e depositárono no zócolo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Belot|Bermond|2004}} páx. 350</ref>
 
No corazón do bloque que compón a base, dúas series de vigas únena directamente coa estrutura interna deseñada por [[Alexandre Gustave Eiffel|Gustave Eiffel]] de maneira que a estatua forme un todo co seu pedestal. A pedra que compón a base da Estatua da Liberdade provén das [[:wikt:canteira|canteiras]] dunha aldea de [[Francia]], [[Euville]] no [[Mosa|departamento de Mosa]], famosa pola brancura da súa pedra e polas súas calidades de resistencia á [[erosión]] e á auga dedo mar.
 
==== Travesía do Atlántico, ensamblaxe e inauguración ====
Liña 157:
 
;Sistema de iluminación
O sistema de [[iluminación física|iluminación]] orixinal foi substituído varias veces por equipamentos máis modernos. En [[1916]] o presidente [[Woodrow Wilson]] inaugurou o primeiro sistema que cumpría coas expectativas iniciais de iluminación da estatua, consistenteque consiste en douscentos corenta e seis proxectores, utilizando lámpadas incandescentes de 250 [[vatio|W]], situados nas puntas da estrela da base do monumento e outros puntos da illa, e quince de 500 W no facho. Posteriormente, en [[1931]] e [[1945]] intensificouse a iluminación anterior, engadíronse efectos máis vistosos e elimináronse sombras.
 
;Redeseño do facho
Liña 213:
Nun principio era posible visitar o interior da estatua. Os visitantes chegaban por [[transbordador]] á [[illa da Liberdade]], xeralmente desde [[Battery Park]], e tiñan a oportunidade de ascender a través da única escaleira de caracol no interior da estrutura metálica. Unhas trinta persoas podían ascender os 354 chanzos que conducen á cabeza da estatua e á súa coroa. Desde alí era posible apreciar unhas vistas do porto de Nova York, aínda que non o ''[[skyline]]'' de [[Manhattan]],<ref>Termo común que designa a liña do horizonte de [[Manhattan]], caracterizado particularmente polos seus numerosos [[rañaceos]].</ref> contrariamente á crenza popular. Isto explícase polo feito de que a cara da estatua está orientada cara ao [[océano Atlántico]] e [[Europa]], non cara ao leste. Ademais, a vista foi restrinxida parcialmente dado que as 25 fiestras da coroa son máis ben pequenas e a maior delas só ten 46 centímetros de altura. Cando a estatua estaba exposta ao sol, era frecuente que a temperatura dentro do monumento fose moi elevada. No entanto, isto non desanimaba os turistas, que debían esperar tres horas máis ou menos para acceder ao recinto da estatua, sen contar a espera no transbordador e no portelo de venda de billetes.
 
Logo dos [[atentados do 11 de setembro de 2001]], prohibiuse o acceso á [[illa da Liberdade]] ata decembro do mesmo ano e o acceso do público ao monumento non se permitiu ata o 3 de agosto de [[2004]].<ref name="reapertura">{{Cita web |url=http://www.elmundo.es/elmundo/2004/08/03/internacional/1091555163.html |título=La Estatua de la Libertad se reabre con nuevas medidas de seguridad |editor=[[El Mundo]] | data=3/8/2004 |dataacceso=25 de decmbro de 2010|lingua=castelán}}</ref> O acceso á coroa estivo pechado ata 2009. Durante oito anos, só a base da estatua e os 10 primeiros pisos estaban accesibles para os visitantes, baixo a condición de que estes estean en posesión do ''Monument Access Pass'' (pase de acceso ao monumento). Xeralmente é posible obtelo tras unha reserva con, polo menos, dous días de antelación antes da visita, e mostralo antes de acceder ao transbordador. Con todo, aínda que o interior da estatua sexa inaccesible, unha nova plataforma con teito de vidro permite ver, alzando a vista, a estrutura interna realizada por [[Gustave Eiffel]]. Todos os visitantes que desexen acceder á illa da Liberdade son controlados antes de subir ao transbordador e novamente ao acceder á base do monumento, de forma similar a como se fai nos [[Aeroporto#Seguridade|aeroportos]].<ref name="reapertura" />
 
O 4 de agosto de [[2006]], Fran P. Mainella, directora do [[Servizo Nacional de Parques|Servizo de Parques Nacionais]], nunha carta ao [[Congreso dos Estados Unidos|congresista]] por Nova York Anthony D. Weiner, declarou que a coroa e o interior da estatua permanecerían pechados indefinidamente. A carta indicaba que «a actual regulamentación dos accesos reflicte unha estratexia de dirección responsable cos mellores intereses de todos os nosos visitantes».<ref>{{Cita web | url=http://www.usatoday.com/news/nation/2006-08-09-statue-liberty-crown_x.htm |título=Statue of Liberty's crown to stay closed |editor=USA Today (publicando unha noticia da ''Associated Press'') | data=10/8/2006 |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> Con todo, nos últimos anos estanse producindo múltiples iniciativas para reabrir a estatua ao público e permitir o acceso á coroa. Así, no mesmo ano 2006, un proxecto de lei (S. 3597) tramitouse no [[Senado dos Estados Unidos|Senado]] propondo o seu acceso ao público,<ref>{{Cita web | url=http://thomas.loc.gov/cgi-bin/query/r?r109:@OR+(+@1(S.+3597)++) | título=Introduction of Bills and Joint Resolutions—(Senate—June 29, 2006) | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=29/6/2006 | editor=Library of Congress Congressional Record | páxinas=p. S6786|lingua=inglés}}</ref> en xullo de 2007 propúxose unha medida similar na [[Cámara de Representantes dos Estados Unidos|Cámara de Representantes]],<ref>{{Cita web | url=http://thomas.loc.gov/home/gpoxmlc110/h2982_ih.xml | título=Save the Statue of Liberty Act (H.R.2982 — July 10, 2007) | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=10/7/2007 | editor=Library of Congress Congressional Record|lingua=inglés}}</ref> e en xullo de 2008 xurdiron noticias sobre estudos do Servizo Nacional de Parques para reformar os accesos á estatua que permitan a entrada ao público.<ref>{{Cita web| url=http://www.nytimes.com/2008/07/05/nyregion/05statue.html |título=U.S. to Study Access to Liberty’s Crown |editor=[[The New York Times]] | data=5/7/2008 |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> O 23 de xaneiro de 2009, [[Ken Salazar]], Secretario do Interior baixo a presidencia de [[Barack Obama]], declarou que estaba considerando a reapertura do acceso á coroa da Estatua aos turistas,<ref>{{Cita web | url=http://www.bloomberg.com/apps/news?pid=20601103&sid=axx38fOEUykM&refer=us | título=Salazar Visits Statue of Liberty, May Reopen Crown | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=23/1/2009 | editor=Bloomberg.com |lingua=inglés}}</ref> e o 8 de maio Salazar anunciou nunha entrevista nun programa televisivo que a coroa volveríase a abrir ao público o [[Día da Independencia dos Estados Unidos|4 de xullo]] de 2009.<ref>{{Cita web | url=http://today.msnbc.msn.com/id/30638151/ | título=Statue of Liberty will reopen on Fourth of July | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=8/5/2009 |lingua=inglés |editor=TODAY NBC News}}</ref> Finalmente o interior da estatua e o acceso á coroa reabríronse ao público o día anunciado, aínda que por motivos de seguridade o acceso quedou restrinxido a un máximo de 240 turistas ao día en grupos dun máximo de 10 persoas de cada vez.<ref>{{Cita web |autor=Matthew Price |título=Statue of Liberty crown reopens |data=4/7/2009 |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/8129338.stm |editor=BBC News |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=castelán}}</ref>
Liña 288:
''Brilla a benvida para todo o mundo; os seus tépedos ollos dominan<br />''
''As cidades xemelgas que enmarcan o porto de aéreas pontes.<br />''
''"¡Gardádevos, terras antigas, a vosa pompa lendaria!" grita ela.<br />''
''"¡Dádeme aos vosos rendidos, aos vosos pobres<br />''
''As vosas masas hacinadasamoreadas anhelando respirar en liberdade<br />''
''O desamparado refugallo das vosas rebosantesrebordantes praias<br />''
''Enviádeme a estes, os desamparados, sacudidos polas tempestades a min<br />''
''¡Eu elevo o meu faro detrás da porta dourada!"''
|Emma Lazarus, 1883}}
 
Liña 300:
Debido á situación da [[illa da Liberdade]] na porción correspondente a [[Nova Jersey]] do [[río Hudson]], a titularidade da estatua non estivo exenta de controversia.
 
En [[1987]] o [[Cámara de Representantes dos Estados Unidos|representante]] [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|demócrata]] por Nova Jersey, Frank J. Guarini e Gerald McCann, que fora alcalde de [[Jersey City, Nova Jersey|Jersey City]], interpuxeron unha demanda contra a cidade de [[Nova York]], afirmando que Nova Jersey debería exercer dominio sobre a illa da Liberdade dada a súa situación na parte de Nova Jersey do río de Hudson. A illa, baixo xurisdición [[Goberno Federal dos Estados Unidos|federal]], atópase aproximadamente a 600 [[metro]]s de distancia da cidade de Jersey e a máis de tres [[quilómetro]]s da cidade de Nova York.<ref>{{Cita libro |nome= |apelido= |ligazónautor= |coautores= |título=New Jerseyans' Claim To Liberty Island Rejected |url=http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9B0DE3DE1E3FF935A35753C1A961948260 |cita=''The Supreme Court today refused to strip the Statue of Liberty of its status as a New Yorker. The Court, without comment, turned away a move by a two New Jerseyans to claim jurisdiction over the landmark for their state''. |publicación=[[Associated Press]] |editor=[[The New York Times]] |data=6/10/1987 |dataacceso=1 de novembro de 2008|lingua={{en}}}}</ref> A [[Tribunal Supremo dos Estados Unidos|Corte Suprema]] decidiu non oír o caso, polo que o status legal existente das partes da illa que están sobre a auga non se alterou. Con todo, os dereitos ribeireñosribeiráns sobre toda a terra mergullada que rodea a estatua pertencen a Nova Jersey. As illas do porto de Nova York foron parte da cidade de Nova York desde a emisión en [[1664]] dos atípicos estatutos coloniais que crearon Nova Jersey,<ref>{{Cita web| url=http://avalon.law.yale.edu/subject_menus/statech.asp#nj |título=Colonial Charters, Grants and Related Documents |editor=Lillian Goldman Law Library - Yale Law School| publicación=The Avalon Proyect| dataacceso=26 de decembro de 2010|lingua={{en}}}}</ref> que non fixaron, como é habitual, un límite no medio do río Hudson -aínda que a fronteira para os dereitos acuáticos foi fixada máis tarde ao medio da canle-.
 
O servizo federal de parques establece que a Estatua de Liberdade está na Illa da Liberdade, que é unha propiedade federal administrada polo [[Servizo Nacional de Parques|Servizo de Parques Nacionais]] e que, oficialmente, a illa está localizada dentro da xurisdición territorial do [[estado de Nova York]] debido a un pacto entre os gobernos estatais de Nova York e Nova Jersey que emitiu unha resolución sobre esta cuestión e que foi ratificada polo Congreso en [[1834]].<ref>{{Cita web |url=http://www.nps.gov/stli/faqs.htm |título=Statue of Liberty FAQ |publicación=Is the Statue in New York or New Jersey? |editor=[[Servizo Nacional de Parques|National Park Service]] |data=16/6/2008 |dataacceso=26 de decembro de 2010|lingua={{en}}}}</ref>