O '''''Diccionario gallego-castellano''''' é un [[dicionario bilingüe]] [[lingua galega|galego]] [[lingua castelá|castelán]] de 3.834 entradas<ref>Antón Santamarina ''Los diccionarios gallegos y su versión electrónica'' en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) ''Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic''. Universitat Jaume I, 2006, páxinap. 197.</ref> definidas en castelán elaborado por [[Francisco Javier Rodríguez Gil]] e publicado postumamente por [[Antonio de la Iglesia]] en [[1863]] na [[A Coruña|Coruña]] como suplemento da revista ''[[Galicia. Revista Universal de este Reino]]''. Constitúe o primeiro dicionario galego moderno.<ref>Antón Santamarina ''Norma e estándar'' en Henrique Monteagudo (ed). ''Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto''. Galaxia, 1995, páxinap. 82.</ref>.
== Elaboración ==
O autor só recolleu nas súas papeletas entradas non coincidentes co castelán, facendo comparacións con outras linguas romances e con citas de autoridades<ref>[[Ricardo Carballo Calero]]. ''Gramática elemental del gallego común''. Galaxia, 6ª ed., 1976, páxinap. 38.</ref>. [[Antón Santamarina]] cifra en 2.184 as voces definidas por Rodríquez, en xeral con decoro. [[José Luis Pensado]] atribúelle ao editor, Antonio de la Iglesia, unha fonda modificación das papeletas orixinais, que resultou no empeoramento do traballo<ref>José Luis Pensado ''Contribución a la crítica de la lexicografía gallega. I. El diccionario gallego-castellano de F. J. Rodríguez y su repercusión en la lexicografía gallega''. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1976</ref> engadíndolle palabras mal transcritas de [[Martín Sarmiento|Frei Martín Sarmiento]] e outros autores, entradas pantasmas e equivalencias erróneas.<ref>Antón Santamarina, ''ob. cit.'', páxinap. 82</ref>. Aínda así serviu de modelo e base para os dicionarios decimonónicos posteriores.<ref>Maricarme García Ares. ''As unidades léxicas compostas na lexicografía galega'' en Xosé Luís Regueira ''Da gramática ó diccionario: estudios de lingüística galega''. Universidade de Santiago de Compostela, 2001, páxinap. 147.</ref>.
== Notas ==
Liña 16:
=== Ligazóns externas ===
{{Galiciana obra|4862}}
* [http://sli.uvigo.es/ddd/index.php ''Dicionario de dicionarios''] [[Seminario de Lingüística Informática]] - Grupo TALG / [[Instituto da Lingua Galega]].