Diferenzas entre revisións de «Academia Literaria de Santiago»

sen resumo de edición
 
== Historia ==
Fundada en 1840, en plena etapa de liberdades conseguidas pola vitoria do [[Partido Progresista]] coa rexencia de [[Baldomero Espartero]]; varios mozos universitarios conseguen do Capitán Xeneral de Galicia, [[Fermín Iriarte]], a cesión do refectorio do [[mosteiro de San Martiño Pinario]] para celebrar as súas sesións, o que será motivo de agradecemento por parte de [[Domingo Díaz de Robles]], que lle adicara un extenso poema.<ref>[[Antonio Neira de Mosquera]]. "Monografías de Santiago" Santiago, 1850, reproducidos en ''Monografías de Santiago y dispersos'', por B.[[Benito Varela Jácome]], Santiago 1960, pp. 177-194.</ref>.
 
A través dela pretendía vincularse coa academia literaria do XVIII, a academia foi creada a imitación do Liceo Artístico y Literario de Madrid. O promotor da Academia foi o militar ferrolán [[Domingo Díaz de Robles]], fundador do xornal ''[[El Idólatra de Galicia]]'', sendo o seu primeiro presidente o presbítero [[Pedro Losada Rodríguez]] (que foi censor da mesma anos despois). Na Academia discutíanse toda clase de temas: relixión, filosofía, historia, e sobre todo temas sociais; sendo desta maneira un dos centros mais efectivos de politización universitaria.<ref>X.R.[[Xosé BarreiroRamón FernándezBarreiro]]. "El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo". Santiago de Compostela, 1977. Editorial Pico Sacro.</ref>.
 
Entre os seus membros destacan, Losada Rodríguez, Díaz de Robles, [[Antonio Neira de Mosquera]], [[Antonio Romero Ortiz]], J. M. Rodríguez Carracido, Valenzuela y Ozores, [[José Domínguez Izquierdo]], [[Vicente Manuel Cociña Vizoso]], [[José María Posada]], os irmáns Rúa Figueroa e participando [[Francisco Añón]], [[Leopoldo Martínez Padín]], J. María Gil, Joaquín Amigo, [[Antolín Faraldo]], [[Augusto Ulloa Castañón]], [[Alberto Camino]] e outros destacados literatos e activistas políticos como Bermúdez Cedrón, Taboada y Terrazo e Garea. A maior parte deles militaban no Partido Progresista, no [[Partido Moderado]] ou compórtanse como tales, deron en ser a primeira elite galega que servirían para que agromase o [[Rexurdimento]] o [[Provincialismo galego|Provincialismo]], sementando a raíz do [[Galeguismo (política)|galeguismo]] e algúns mesmo participando no [[levantamento de 1846]] debido ó seu compromiso con Galicia iniciando unha nova prensa a través do romanticismo social de [[VíctorVictor Hugo]].
 
Este compromiso con Galicia coincide co fenómeno da crise de identidade da [[fidalguía]] en Galicia, estamento social ao que pertence a maioría, que vendo que é imposible a volta ó absolutismo, loita polo liberalismo rexionalista e gobernar o seu pobo e non que o fagan os de fora, pondo isto de manifesto na [[Revolución de 1846|Revolución de 1846]], no que conflúen diversos estamentos e Romero Ortiz e Antolín Faraldo prestan apoio a formar o [[Batallón Literario]] para axudar ás tropas provincialistas axudando xa como enlaces e combatentes.
 
== Notas ==
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor=Dolores |máscara-editor= |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=2004 |título=Diccionario da Literatura Galega. Termos e institucións literarias |volume=IV |url=https://books.google.es/books?id=WIM1IJ4Vmz8C&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |páxinas=15-17 |localización=Vigo |editorial=Editorial Galaxia |isbn=84-8288-656-8 |ref=harv }}
=== Outros artigos ===
* [[Provincialismo galego]]
* [[Revolución de 1846]]
=== Ligazóns externas ===
* {{Cita publicación periódica |ligazónautor=Alfredo Vicenti |nome=Alfredo |apelidos={{Versaleta|Vicenti}} |url=http://biblioteca.galiciana.gal/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081873&interno=S&presentacion=pagina&registrardownload=0&posicion=5 |título=Historias Literarias. D. Antonio Neira de Mosquera, su tiempo, su obra (conclusión) |revista=[[La Ilustración Gallega y Asturiana]] |lingua=es |data=28/3/1880 |número=9 }}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Século XIX en Galicia]]
[[Categoría:Santiago de Compostela]]
194.079

edicións