Frank País: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m ordenar
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2)
Liña 1:
{{Biografía|ocupación=[[Reforma universitaria|Reformista]]<br/>[[Maestro]]<br/>[[Activista]]}}
'''Frank Isaac País García''', ou "Paris", nado en [[Santiago de Cuba]] o [[7 de decembro]] de [[1934]] e morto na mesma cidade o [[30]] de xullo de [[1957]], foi un dirixente estudantil reformista, mestre e revolucionario [[Cuba|cubanocuba]]no, de orixe [[Pobo galego|galega]], que loitou contra a ditadura de [[Fulgencio Batista]] integrando o [[Movemento do 26 de xullo|Movemento 26 de Xullo.]] O seu asasinato pola policía nas rúas de Santiago de Cuba o 30 de xullo de 1957, cando contaba con 22 anos, desencadeou una vaga de protestas en todo o país e constituíu un acontecemento decisivo para impulsar a [[Revolución Cubana|Revolución cubana.]] Está considerado en Cuba un [[mártir]] da revolución.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20080617045109/http://www.cmkc.co.cu/2004/Historia/h34.htm|páxina-web=www.cmkc.co.cu|título=En el recuerdo eterno, Frank País García|data-acceso=2 de xaneiro de 2019|lingua=es}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Liña 11:
Comezou a traballar como mestre en [[1954]] no Colexio do Salvador, onde se destacou pola paixón con que difundía as ideas nacionalistas, [[Democracia|democráticas]] e cristiás, especialmente o pensamento e a obra de [[José Martí]], mostrando unha aparente contradición entre a relixiosidade que profesaba e os ideais revolucionarios que se soluciona na redución á súa crenza no home e no futuro así como o seu desexo de conseguir unha sociedade mellor sen abandonar as súas crenzas [[Cristianismo|cristiás.]]<ref>{{Cita libro|título=Un líder Evangélico en la Revolución cubana|apelidos=Monroy|nome=Antonio|editorial=Caminos|ano=2007|ISBN=|ref=}}</ref> Creou o Centro ''La Flor Martiana'' e puxo en práctica a República Escolar, baseada en conceptos de democratización da escola e participación dos estudantes.
 
O 10 de marzo de 1952 acudiu, xunto con outros estudantes, ao [[Cuartel Moncada]], en resposta á asonada batistiana que conduciu á ditadura de Fulgencio Batista. Este feito supuxo o punto de inflexión que o convertería nun loitador pola liberdade e contra a ditadura batistiana.
 
=== Revolución cubana ===
En 1954, Frank País, [[Pepito Tey]] e outros mozos do Oriente cubano crearon Acción Revolucionaria Oriental (ARO) co fin de organizar a loita armada contra a tiranía de Batista. Poucos meses despois cambian o nome da organización por [[Acción Nacional Revolucionaria]] (ANR). En [[1955]], cando [[Fidel Castro]], recentemente amnistiado, e o grupo que asaltara o [[Cuartel Moncada]] formaron o [[Movemento do 26 de xullo|Movemento 26 de Xullo]], Frank País solicitou e obtivo o ingreso dos membros do ANR ao M-26-7. O seu paso á clandestinidade realizouno co pseudónimo de ''David''.
 
Inicialmente País integrou a dirección do M-26-7 en Oriente, e en [[1956]] foi designado Xefe de Acción e Sabotaxe do M-26-7 en todo o país. O [[30 de novembro]] de [[1956]] dirixiu o levantamento armado en Santiago de Cuba en apoio ao desembarco do iate [[Granma (iate)|Granma]] desde o que haberían de desembarcar Fidel Castro e un grupo de guerrilleiros co fin de instalarse en [[Sierra Maestra]].
 
O [[9 de marzo]] de 1957 foi detido e xulgado xunto aos superviventes do Granma e os combatentes do levantamento do 30 de novembro, sendo absolto en maio de 1957, no medio dunha gran axitación popular. Dende ese momento foi un dos principais organizadores do apoio á [[guerrilla]] de Sierra Mestra e a extensión da insurrección a toda a illa.
Liña 26:
En resposta declarouse unha [[folga]] xeral en toda Cuba e o seu enterro organizouse como un desafío á ditadura de Batista e alcanzou unha convocatoria masiva que a fixo a máis grande manifestación popular coñecida até entón por esa cidade. O corpo de País foi vestido co uniforme verde oliveira e o brazalete negro e vermello do Movemento 26 de Xullo.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20070529101956/http://cmkc.co.cu/2004/Historia/f1.htm|páxina-web=www.cmkc.co.cu|título=Frank País: una figura insigne|data-acceso=2 de xaneiro de 2019|lingua=es}}</ref>
 
A mobilización do 30 de xullo de 1957 está considerada como unha das datas decisivas da Revolución cubana e a caída da ditadura de [[Fulgencio Batista|Fulgencio Batista.]]. Ese día foi instituído en Cuba como ''Día dos Mártires da Revolución''.
 
== Véxase tamén ==
Liña 41:
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Pais Garcia, Frank}}
 
{{ORDENAR:Pais Garcia, Frank}}
[[Categoría:Finados en 1957]]
[[Categoría:Nados en 1934]]