Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 181:
A insurrección púxose en marcha na noite do [[6 de novembro|6]] ao [[7 de novembro]] (24 e 25 de outubro segundo o [[calendario xuliano]]). Os sucesos desenvolvéronse sen apenas derreamentos de sangue. A [[Garda Vermella]] bolxevique tomou, sen resistencia, o control das pontes, das estacións, do banco central e da central postal e telefónica xusto antes de lanzar un asalto final ao [[Palacio de Inverno]]. As películas oficiais posteriores elevaron estes sucesos ao rango de heroicos, pero en realidade os insurxentes só tiveron que facer fronte a unha resistencia débil. De feito, entre as tropas acuarteladas na cidade, soamente algúns batallóns de cadetes (''junkers'') apoiaron ao Goberno provisional, mentres que a inmensa maioría dos rexementos pronunciáronse a favor do levantamento ou se declararon neutrais. En total, houbo cinco mortos e varios feridos.<ref>[[Richard Pipes]], ''La Révolution russe'', ''op. cit.'', p. 457.</ref> Durante o levantamento, os [[tranvía]]s continuaron circulando, os teatros coas súas representacións e as tendas abriron con normalidade. Un dos acontecementos máis importantes do [[século XX]] tería lugar sen que practicamente ninguén o tivese en conta.<ref>[[Richard Pipes]], ''La Révolution russe'', ''op. cit.'', p. 463-464.</ref>
 
SiSe un puñado de partisanos puiderapuidese tomar o control da capital ante un Goberno provisional que xa ninguén apoiaba, o levantamento debía nese momento ser ratificado polas masas. Ao día seguinte, o 25 de outubro, Trotski anunciou oficialmente a disolución do Goberno provisional na apertura do 2.º Congreso Panruso dos Soviets de Deputados de Obreiros e Campesiños, con 562 delegados presentes, dos cales, 382 eran bolxeviques e 70 do [[Partido Social-Revolucionario de Esquerda]]).<ref>[[Marc Ferro]] engade que "non deberiamos dar moita significación a estas cifras". ''La Révolution de 1917'', op. cit., p. 849</ref>
 
Con todo, algúns delegados crían que Lenin e os bolxeviques tomaran o poder ilegalmente, e ao redor de cincuenta abandonaron o congreso.<ref>[[Jean-Jacques Marie]], ''Lénine'', Paris, Balland, 2004, p. 215.</ref> Estes, socialistas revolucionarios de dereitas e menxeviques, crearon ao día seguinte un "Comité de Salvación da Patria e da Revolución".<ref>[[Jean-Jacques Marie]], ''Lénine'', p. 217.</ref> Este abandono do congreso viuse acompañado por unha resolución improvisada por parte de [[Lev Trotski]]: "O Segundo Congreso debe ver que a saída dos menxeviques e dos socialrevolucionarios é un intento criminal e sen esperanza de romper a representatividade da asemblea cando as masas intentan defender a revolución dos ataques da contrarrevolución.<ref>Marc Ferro, ''La Révolution de 1917'', op. cit., p. 851.</ref> Ao día seguinte, os soviets ratificaron a creación dun [[Consello de Comisarios do Pobo]] (Sovnarkom), constituído na súa totalidade por bolxeviques, como base do novo goberno, á espera da celebración dunha [[asemblea constituínte]]. Lenin xustificouse ao día seguinte ante o representante da guarnición de Petrogrado do seguinte xeito: "Non é a nosa responsabilidade que os socialrevolucionarios e os menxeviques abandonasen o congreso. Nós propuxémoslles compartir o poder [...] invitamos a todo o mundo a participar no goberno".<ref>Lénine, ''Ouvres complètes'', tome 35, p. 36.</ref>