Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

sen resumo de edición
A revolución continuaba e acelerábase, especialmente nas zonas rurais. Durante o verán de 1917, os agricultores adoptaron medidas, tomando as terras dos señores, sen esperar á prometida reforma agraria e atrasada de forma constante polo Goberno. O campesiñado ruso, de feito, regresou á súa longa tradición de grandes levantamentos espontáneos (os ''bunts''), que xa marcaran o pasado nacional, como as revoltas protagonizadas por [[Stenka Razin]] no [[século XVII]] ou [[Yemelián Pugachov]] en tempos de [[Catarina II de Rusia|Catarina II]]. Non sempre violentas, estas ocupacións masivas de terras foron a miúdo o escenario de levantamentos espontáneos onde as propiedades dos amos eran queimadas, chegando eles mesmos a ser maltratados ou asasinados. Estes inmensos levantamentos campesiños, sen dúbida os máis importantes da historia europea, conseguiron que as terras se compartisen sen que o goberno condenase nin ratificase o movemento.
 
Sabendo que a «repartición negra» (nome da antiga organización [[narodnik|naródnik]] ''[[Repartición Negra]]'') estaba cumpríndose nos seus pobos, os soldados, de orixe maioritariamente campesiñocampesiña, desertaron en masa co fin de poder participar a tempo na nova distribución das terras. A acción da propaganda pacifista e o desalento tralo fracaso da última ofensiva do verán fixeron o resto. As trincheiras baleiráronse aos poucos.
 
Así, os bolxeviques, aos que aínda se cualificaba en xuño como «insignificante presada de demagogos»<ref>[[Lev Trotski]], [http://www.marxists.org/francais/trotsky/livres/hrrusse/hrr36.htm « Marée montante»], en ''Histoire de la révolution russe''.</ref> controlaban a maior parte do país. Desde xuño de 1917, nunha sesión do Primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas As Rusias|Congreso Panruso dos Soviets]], [[Lenin]] xa anunciara abertamente - durante unha soada discusión co [[menxevique]] [[Irakli Tsereteli]] - que os bolxeviques estaban dispostos a tomar o poder, pero que polo momento as súas palabras non foran tomadas en serio.<ref>Michel Heller et Aleksandr Nekrich, ''L'Utopie au pouvoir'', ''op. cit.'', p. 25. Marc Ferro, d'après le compte rendu des débats, précise qu'en « revendiquant le pouvoir pour son parti, très minoritaire, Lénine ne provoqua pas l'indignation des députés mais un immense éclat de rire». ''La Révolution de 1917'', ''op. cit.'', p. 473.</ref>
36

edicións