Domesticación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Elisardojm (conversa | contribucións)
concirne
Liña 5:
Unha [[especie]] domesticada, [[animal]] ou [[vexetal]], é unha especie que desenvolveu unhas características morfolóxicas, fisiolóxicas, ou mesmo [[etoloxía|comportamentais]] novas e hereditarias, como resultado dunha interacción prolongada, dun control ou dunha selección á mantenta por parte do ser humano.
 
A domesticación fai referencia tamén ó estado no cal a [[reprodución]], as curas e a alimentación dos animais, ou o ciclo das plantas son controlados de xeito máis ou menos directo polo ser humano. Na linguaxe corrente, a expresión «animal doméstico» emprégase acotío no senso de animal de compaña. Este último termo pódese aplicar a un animal individual, mentres que a domesticación concerneconcirne unha poboación ou unha especie enteira. Unha acepción ampla da domesticación tende a tratar tódalas formas de interacción regular da especie humana cunha especie animal.
 
A principal utilidade das plantes e animais domésticos é a produción de [[alimento]]s, así como a doutros produtos útiles com a [[la]], o [[algodón]], ou a [[seda]]. Malia isto, os motivos da práctica da [[gandería]] ou da [[agricultura]] non son sempre estritamente utilitarios e inclúen o pracer, a recreación ou prácticas relixiosas. A domesticación ds plantas e dos animais veu da man dos inicios da agricultura e foi un factor esencial no desenvolvemento da [[civilización]]. No pasado permitiu a [[revolución neolítica]], mais tamén é un proceso que aínda se mantén até a actualidade.
Liña 109:
No caso do can, a evolución comportamental semella moito máis radical e non se pode reducir á perda do carácter fero ou salvaxe. A capacidade dos cadelos de interpretar os sinais de comunicación humanos é superior á dos [[lobo]]s e dos [[primate]]s.<ref>[http://bio.univet.hu/Salve/00news/cogni/ns-cogn-00-03-dog_cogn.html ''Mind of a dog''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20061005080232/http://bio.univet.hu/SALVE/00news/cogni/ns-cogn-00-03-dog_cogn.html |date=05 de outubro de 2006 }}, ''New Scientist magazine'', 26 febreiro 2000 (en inglés).</ref> Xa que en parte poden ser o resultado dunha educación o adestramento, o agarimo que ten un can cara o seu mestre e a tendencia a obedecelo son caracteres innatos xurdidos da domesticación.
 
Tamén se emprega a [[etoloxía]] en referencia á domesticación cando se fañafala dos trazos comportamentais que permiten ou permitiron que unha especie fose domesticada; o principal sería o carácter social dunha especie. O feito que esta especie vivise en grupos xerarquizados permitiría ó criador exercer un control sobre estes animais asumindo a posición de elemento dominante do grupo.
 
=== Aspecto zootécnico ===
{{Artigo principal|Cría selectiva}}
Actualmente, os obxectivos da domesticación de novas especies ou a mellora das [[raza]]s xa domesticadas concernenconcirnen esencialmente á produción. Trátase da adaptación ás condicións de cría, a fecundidade, a velocidade de crecemento, e acotío a calidade da [[carne]] ou doutros produtos como o [[leite]] ou a [[la]].
 
Os rexistros máis antigos descubertos que recollen listas de liñaxes,amosando unha formalización da selección dos animais, datan do século -XVI e están escritos en [[lingua hitita]]. A selección moderna das especies recorre a ferramentas notablemente [[estatística]]s aplicadas ós coñecementos xenéticos. Requiren dunha avaliación tan obxectiva como sexa posible dos suxeitos e unha organización rigorosa dos programas de cría, co fin de obter unha mellora do rendemento das liñaxes en función de obxectivos determinados. Estas seleccións son implementadas por organizacións especializadas.