Diferenzas entre revisións de «Viquingo»

sen resumo de edición
Trátase de "un odio entre relixións entre os viquingos e os cristiáns", explicando estes historiadores que foron principalmente as igrexas, os mosteiros e outros edificios relixiosos xunto cos seus habitantes (monxas, monxes e curas) o obxecto da furia, os insultos e os aldraxes dos ''Normandos'' aínda [[paganismo|pagáns]] e o seu odio ao [[cristianismo]].<ref name="DC715">{{Cita Harvard sen parénteses|Decaux|Castelot|1981|p=715}}</ref> Para vingarse, un [[strandhögg]] viquingo (pequeno comando), tomou o risco de internarse no territorio franco. Non se contentaron con saquear a tumba de Carlomagno en [[Aquisgrán]], tomáronse tempo para profanar a súa tumba e os restos do gran Emperador da cristiandade. Os viquingos actuaban así en todas as incursións, non contentos con roubar os bens da [[Igrexa católica|igrexa]], "estaban decididos a pisar as reliquias sagradas, insultando e aldraxando, motivados polo odio real cara á relixión cristiá"<ref>[[François Neveux]], ''L'aventure des Normands VIII - XIII'', collection Tempus, éditions Perrin, 48, ISBN 978-2-262-02981-4</ref><ref>Else Roesdahl et David M. Wilson, dir., ''Les mondes nordiques. Histoire et héritage de l'Europe barbare, V-XII s'', Tallandier, 1980, ''Les Vikings… Les Scandinaves et l’Europe'' 26 éditions AFAA 1992 ISBN 8773035572</ref><ref>{{Cita libro|lingua=fr|título=Les Vikings|nome=Pierre|apelidos=Barthélemy|localización=Paris|editor=A. Michel|ano=1988|isbn=2-226-03257-6|páxina=112}}</ref>
 
Este grave conflito relixioso dividiu a [[Escandinavia]] e sobre todo a [[Noruega]] durante case un século, a causa da penetración do cristianismo.<ref name="str">{{Cita Harvard sen parénteses|Sturluson|2000|p=34}}</ref> "O duque [[Håkon Sigurdsson]] e todo o seu clan de [[Jarls de Lade|Lade]], foron os grandes defensores das crenzas cristiás fronte ao crecemento do cristianismo",<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Sturluson|2000|p=35}}</ref> mais esta resistencia foi esmagada con extrema brutalidade polo emperador [[Otón II]] do [[Sacro Imperio Romano-Xermánico]] coñecido como "o sanguinario" e os dous reis Olaf evanxelizados. Otón II na batalla de Danevirke,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Sturluson|2000|p=250}}, chapitre « la bataille du Danevirke »</ref> [[Olaf I de Noruega|Olaf Tryggvason]], que tomara como refén aos fillos de varios xefes da illa e de [[Islandia]] tivo que aceptar o cristianismo,<ref name="Histoire des rois de Norvège">{{Cita Harvard sen parénteses|Sturluson|2000|p=36}}</ref> e [[Olaf II de Noruega]] chamado "o Grande" ou "o santo" que curtoucortou as mans e os pés dos que se resistiron á marcha triunfal do cristianismo.<ref name="Histoire des rois de Norvège"/>
 
Moitos historiadores e especialistas confirman a pertinencia deste conflito relixioso que provocou o fenómeno "viquingo". Entre eles encontramos a [[Olaf Olsen]]<ref>Olaf Olsen, page 154 (1981 ''Der lange Weg des Nordens zum Christentum'', éditions Ahrens) Les Vikings… Les Scandinaves et l’Europe 26 éditions AFAA 1992 ISBN 8-773-03557-2</ref>, Pierre Barthélemy<ref>{{Cita libro|lingua=fr|título=Les Vikings|nome=Pierre|apelidos=Barthélemy|localización=Paris|editor=Albin Michel|ano=1988|páxinas=156|isbn=2-226-03257-6}}.</ref>, [[Élisabeth Deniaux]], [[Claude Lorren]], [[Pierre Bauduin]], [[Thomas Jarry]]<ref>Élisabeth Deniaux, Claude Lorren, Pierre Bauduin, Thomas Jarry, ''La Normandie avant les Normands, de la conquête romaine à l'arrivée des Vikings'', Ouest-France, Rennes, p. 371</ref>[[Lucien Musset]]<ref>Lucien Musset, « Naissance de la Normandie », [[Michel de Boüard]] (dir.), ''Histoire de la Normandie'', Privat, 1970, 93</ref>, [[François-Xavier Dillmann]]<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Sturluson|2000|p=8}}</ref> ou mesmo [[Michel Rouche]]<ref>Chaine TV « Toute l’Histoire » émission du 3 février 2012 « les rois de France, Charlemagne »</ref> e [[Pierre Miquel]].<ref>Les agrégés d’histoire : [[Stéphane Maire]], [[Carole Bitoun]], [[Leïla Dakhli]], [[Catherine Donnadieu]], [[Christine Gruest]], [[Nicole Leroux]] « histoire collège » 268, 269 édition de la cité, manuel+ ISBN 2-844-10002-3)</ref>
O territorio orixinario dos viquingos influenciou fortemente a repartición das súas zonas de expansión. Os viquingos orixinarios da actual [[Suecia]], deseguido coñecidos como [[varegos]], expandiran os seus dominios ao Leste do [[Mar Báltico]]. Vivindo do [[comercio]], da [[piratería]] e da pillaxe, e ofrecéndose como [[mercenario]]s, percorren a rede fluvial (especialmente do [[río Volga]]) do que será máis tarde [[Rusia]] e [[Ucraína]]. Atinxen logo o [[Mar Caspio]], [[Constantinopla]] e aínda [[Bagdad]]. Polo ano 1040, unha expedición varega, dirixida por [[Ingvar]] chega mesmo ata [[Afganistán]]. Convidados a pacificaren a zona polas [[tribo (etnoloxía)|tribos]] [[eslavos|eslavas]] e [[finesas]], os [[varegos]] («''Varyags''», en [[lingua rusa|ruso]]), chamados «''[[Rus' de Kiev|Russ]]''» («remeiros») polos [[eslavos]], chegan aproximadamente a mediados do século IX desde o Báltico, conducidos por [[Rurik]] e os seus compañeiros. Despois de se instalaren nos arredores da cidade de [[Novgorod]] (quizais fundada por varegos), unha verdadeira colonización sueca ([[Aldeigjuborg]]) enraíza en torno ao [[Lago Ladoga]]. Estes viquingos suecos montan, a partir dun conxunto de fortes e postos de intercambio, o primeiro Estado ruso.
 
Os [[Dinamarca|daneses]] lanzáronse de primeiras contra [[Xutlandia]], ocupada polos [[francos]], nunha expedición terrestre desde a súa fronteira fortificada, o [[Danevirke]], construída polo rei [[Gulfridr]]. Os francos opuxeron unha sólida defensa militar que obrigou os viquingos a tentaren as vías de incursión polo mar. A morte de [[Carlomagno]], en [[814]], marcou o inicio dun longo período de feblezafraqueza do Imperio franco do que eles souberon sacar partido. Orientaron as súas conquistas e pillaxes ao longo das costas do [[mar do Norte]] e o [[canal da Mancha]]. Alcanzaron o litoral de [[Inglaterra]] e remontaron os seus cursos fluviais ([[Humbert]] e [[río Támese|Támese]]). No Norte da [[Alemaña]], os [[Países Baixos]] e [[Flandres]], fundaron un efémero estado na [[Frisia]] medieval. No que é a actual [[Francia]], efectuaron unha serie de expedicións remontando o [[río Sena|Sena]], o [[Río Loira, Francia|Loira]], o [[Garona]], e outros río menores, e gañaron o nome de [[normandos]], antes de se estabelecer na rexión que hoxe denominamos [[Normandía]]. As súas numerosas expedicións guerreiras coincidiron con guerras de sucesión en Dinamarca: é, polo tanto, moi probábel que os viquingos daneses partisen en razzias para conseguiren financiamento para as súas guerras internas e para obter o prestixio que aureola un conquistador.
 
No que toca aos viquingos orixinarios das costas occidentais da actual [[Escandinavia]], a [[Noruega]] de hoxe en día, as súas expedicións e conquistas abrangueron principalmente [[Escocia]], [[Irlanda]], as [[Illas Faroe]], [[Islandia]] e [[Groenlandia]]. Conduciron as súas razias de exploración ata [[Vinlandia]] -posibelmente a actual [[Península de Labrador]]-, onde foi creado un posto avanzado, desde o cal practicaron a cabotaxe das costas [[América|americanas]].
{{Artigo principal|Viquingos en Galicia}}
[[Ficheiro:Torres de Catoira 1.jpg|300px|miniatura|As [[Torres de Oeste]], en Catoira, foron construídas para pechar a rota fluvial do Ulla ante os ataques viquingos.]]
A partir do ano [[844]] as costas galegas sufriron o ataque e empuxe das hordas viquingas. Mais non só o litoral galego foi obxecto das incursións, xa que as naves invasoras eran capaces de remontar ríos, posibilitando o a chegada dos viquingos a importantes cidades como [[Tui]]. As costas galegas non contaban con medios axeitados de defensa ante as poderosas frotas e os numerosos homes que as integraban, que ás veces desembarcaban por moito tempo e profundizabanprofundaban no país para saquear, regresando ricos á súa terra. Aínda que os ataques se prolongaron ata finais do [[século XI]] (a última é datada en [[1038]]), puido haber algunha pequena incursión máis no [[século XII]], mais o perigo xa pasara.<ref name="ant">{{Cita libro |nome1=Francisco |apelidos1=Carballo |nome2=Felipe Senén |apelidos2=López |nome3=Anselmo |apelidos3=López Carreira |nome4=Luís |apelidos4=Obelleiro |nome5=Bieito |apelidos5=Alonso |título=Historia de Galicia |editorial=[[Edicións A Nosa Terra]] |ano=1996 |lugar=[[Vigo]] |isbn=84-89138-65-6 |páxinas=84-85}}</ref> A maior parte destas incursións eran realizadas por barcos procedentes de Noruega, Dinamarca e as Órcadas, segundo textos galegos, escandinavos, árabes e castelán.<ref>{{Cita web |url=http://www.riasbaixas.net/web/articulo.php?pcoa=39&idi=G |título=As invasións viquingas |editor=riasbaixas.net |dataacceso=19 de abril de 2015}}</ref>
 
Un documento na ''[[Historia Compostelá]]'' testemuña os saqueos e devastacións:<ref name="saber">{{Cita web |url=http://www.saber.es/web/biblioteca/libros/historia-de-aquel-reino-estas-flojedades/html/t019.htm |título=Sancho, envenenado en Portugal |editor=saber.es |dataacceso=19 de abril de 2015 |lingua=castelán}}</ref>
 
{{Cita centrada |APor causa dos nosos pecados viñeron as xentes dos normandos a esta terra e destruíron a igrexa de Santa Eulalia de Curtis e outras da comarca; os seus sacerdotes foron levados presos ou pasados pola espada; o lume consumiu as escrituras, e as mesmas pedras pereceron polas chamas.}}
 
Entre as primeiras invasións destaca a sufrida en 844 baixo o reinado de [[Ramiro I de Asturias|Ramiro I]], cando os viquingos realizaron dous ataques menores sibre [[Xixón]] e [[A Coruña]], nas que as tropas de Ramiro I conseguiron derrotar aos viquingos.<ref>{{Cita libro |apelidos=Sánchez Albornoz |nome=Claudio |ligazónautor=Claudio Sánchez Albornoz |título=Orígenes de la nación española: el Reino de Asturias |ano=1985 |editor=Sarpe |lugar=Madrid |isbn=978-84-7291-739-2 |capítulo=Chapter VI: Tras cuarenta años de paz interior |lingua=castelán}}</ref><ref>{{Cita libro |apelidos=Collins |nome=Roger |ligazónautor=Roger Collins |título=Caliphs and Kings: Spain, 796-1031 |url=http://books.google.com/books?id=yBKno5aCvMgC&pg=PA74-IA21 |dataacceso=19 de abril de 2015 |ano=2012 |editor=John Wiley & Sons |isbn=978-1-118-27399-9 |páxinas=70–72 |capítulo=Ramiro I (842-850)}}</ref> Con todo, foi a [[ría de Arousa]] un dos principais escenarios dos enfrontamentos. Como resposta aos ataques outro prelado, [[Cresconio]], mandou erguer as [[Torres de Oeste]] no concello de [[Catoira]] para pechar a rota fluvial do [[río Ulla|Ulla]].<ref name="ant"/>
== Barcos ==
{{Artigo principal|Barco viquingo}}
Téñense realizado varios achados arqueolóxicos de barcos viquingos de todos os tamaños que teñen achegado información da artesanía empregada para a súa construción. Houbo moitos tipos de barcos viquingos, construídos para varios usos; o tipo máis coñecido é probablemente o ''[[drakkar]]'' ou barco longo. Os ''drakkars'' estaban destinados á guerra e á exploración, deseñados para a velocidade e a axilidade, e estaban equipados con remos para complementar á vela, facendo posible a navegación independentemente do vento. O ''drakkar'' tiña un casco longo, estreito e de pouco calado para facilitar o desembarco e o desplieguedestacamento de tropas en augas pouco profundas. Os ''drakkars'' foron empregados principalmente polos [[Leidang]], as frotas de defensa escandinavas. O ''drakkar'' permitiulle aos nórdicos ''ir nun viking'', o que podería explicar por que este tipo de barco converteuse case nun sinónimo do concepto de viquingo.<ref>{{Cita web |apelidos=Hadingham |nome=Evan |url=http://www.pbs.org/wgbh/nova/ancient/viking-ships.html |título=Secrets of Viking Ships |data=5 de setembro de 2000 |dataacceso=19 de abril de 2015 |editor=NOVA science media}}</ref><ref>{{Cita libro |apelidos=Durham |nome=Keith |título=Viking Longship |editor=Osprey Publishing |lugar=Oxford |ano=2002}}</ref>
 
{{Imaxe múltiple | posición_táboa = left | dirección = horizontal | foto1 = VIKING LONGSHIP "SEA STALLION" ARRIVES IN DUBLIN.jpg | ancho1 = 165 | texto1 = O ''drakkar'' reconstruído Sea Stallion. | posicióntexto1 = center | foto2 = Modell Knorr.jpg | ancho2 = 222 | texto2 = Unha maqueta do barco tipo ''knarr''. |posicióntexto2 = center}}
 
Os viquingos construíron moitos tipos únicos de embarcacións, a miúdo utilizadas para tarefas máis pacíficas. O [[knarr]] era un buque mercante dedicado e deseñado para transportar carga a granel. Tiña un casco máis ancho, un calado máis profundo e unha pequena cantidade de remos (utilizados principalmente para manobrar en portos e zonas semellantes). Unha innovación dos viquingos foi a "beitass", un largueiro montado na vela que permitía aos seus barcos navegar eficazmente contra o vento.<ref>{{Cita libro|título=To Harness the Wind: A Short History of the Development of Sails|apelidos=Block|nome=Leo|editorial=Naval Institute Press|ano=2003|ISBN=1-55750-209-9|ref=}}</ref> Era común que os barcos viquingos navegasen ou remolcasen un barco máis pequeno para transferir tripulacionestripulacións e carga dende o barco á costa.
 
Os barcos eran unha parte integral da cultura viquinga. Facilitaron o transporte diario a través de mares e canles, a exploración de novas terras, redadas, conquistas e o comercio coas culturas veciñas. Tamén tiñan unha grande importancia relixiosa. As persoas cun alto estatusstatus ás veces foron enterradas nun barco xunto con animais sacrificados, armas, provisións e outros artigos, como o demostran os barcos enterrados en [[Gokstad]] e [[Oseberg]] en [[Noruega]]<ref>Heath (1985), p. 4</ref> e o enterro escavado do barco en [[Ladby]], [[Dinamarca]]. Os viquingos tamén practicaban enterros no exterior, como o demostran as excavacionesescavacións dos barcos de Salme na illa estoniana de [[Condado de Saare|Saaremaa]].<ref>{{Cita web|url=https://www.archaeology.org/issues/95-1307/features/941-vikings-saaremaa-estonia-salme-vendel-oseberg|apelidos=Curry|nome=Andrew|data-publicación=10-06-2013|páxina-web=archaeology.org|título=The First Vikings|data-acceso=10-07-2018|lingua=en}}</ref>
 
A finais da década de 1960, no fiorde de [[Roskilde]], foron escavados os restos ben conservados de cinco barcos viquingos nos que apareceron tanto o buque insignia como os knarr. Os barcos foron afundidos alí no século XI para bloquear unha canle de navegación e así protexer a Roskilde, daquela capital danesa, do asalto a través do mar. Os restos destes barcos exhíbense no [[Viking Ship Museum]] en Roskilde .
=== Museos de barcos viquingos ===
[[Ficheiro:Gokstad viking ship -excavation.jpg|miniatura|As escavacións do barco de Gokstad no 1880.]]
En [[Oslo]] (Noruega) existe un museo chamado [[Vikingskipshuset]], que forma parte do [[Museo Cultural Histórico]] da [[Universidade de Oslo]], endeonde se expón entre outros o gran [[barco de Gokstat]], atopado en [[1879]] e de 24 metros de eslora por 5 de manga, e a súa análise [[dendrocronoloxía|dendrocronolóxica]] o dataron no ano [[890]].<ref>{{Cita web|url=http://www.khm.uio.no/besok-oss/vikingskipshuset/utstillinger/gokstad/ |título=Gokstad| editor=Kulturhistorisk museum|dataacceso= 3 de maio de 2013 |lingua=noruec}}</ref>
 
Outro museo importante adicado aos barcos viquingos é o [[Vikingeskibsmuseet]] en [[Roskilde]] (Dinamarca), este museo foi construído en [[1969]] para albergar os cinco primeiros barcos atopados nas escavacións realizadas en [[1962]] e que se encontraban somerxidos no fiorde de Roskilde. As instalacións do museo foron ampliadas en [[1997]], dispoñendo agora dunha illa e dun porto, onde é posible visitar unha colección de réplicas de barcos nórdicos e viquingos.<ref>{{Cita web|url=http://www.modelships.de/Museums_and_replicas/Vikingeskibsmuseet_Roskilde/Viking_ship_museum_Roskilde.htm |título= The Viking Ship Museum in Roskilde, Denmark|lingua=inglés|dataacceso= 3 de maio de 2013|editor= Finemodelships}}</ref>
Tamén é salientable a figura de [[Canuto o Grande]], rei de Dinamarca que logrou someter todo o leste de Inglaterra.
 
Outro dos grandes reis foi [[Harald III|Harald Haardrade]] (Harald o Desapiadado), que é considerado o último rei viquingo. Harald fuxiu moi novo a [[Constantinopla]], onde participou na ''[[Garda Varega]]'' durante dez anos, sendo un dos seus maiores líderes. Logo escapou coa filla da emperatriz cara [[Novgorod]], para enviala de volta a Constantinopla. Compartiu o reino de Noruega co seu sobriño, [[Magnus I de Noruega|Magnus o Bo]], a cambio da metade da súa riqueza acumulada en Constantinopla, mais pouco tempo despois o seu sobriño faleceu en estrañas circunstancias e permaneceu gobernando en solitario.
 
Cando Harald soubo que [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Bastardo]] (quen despois de conquistar Inglaterra sería chamado ''O Conquistador'') tiña a intención de apoderarse de Inglaterra, deseñou unha árbore xenealóxica segundo a cal tiña dereito a ser rei de Inglaterra, reuniu un exército e, xunto con Tostig (irmán do rei [[Haroldo II de Inglaterra]]) embarcouse na conquista da illa. Desembarcou no norte e foi descendendo ata chegar a [[York]], encontrando pouca resistencia, pois o exército do rei [[Haroldo II de Inglaterra|Harold II]] achábase no sur da illa. E nunha rápida e longa marcha, Harold II chegou ata onde estaba Haardrade, quen xa consideraba que estaba todo baixo control, mais encontrouse cunha férrea defensa e caeu na [[batalla de Stamford Bridge]] ([[25 de setembro]] de [[1066]]).
36

edicións