Universidade de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Liña 102:
En [[1995]], co gallo do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela, a universidade organizou unha grande exposición denominada ''[[Gallaecia Fulget]]''. O título da exposición provén das palabras que o profesor [[Álvaro de Cadaval]] fixo gravar en [[1544]] no [[friso]] do [[claustro]] do Colexio de Santiago Alfeo para salientar o brillo que para Galiza significaba a súa Universidade<ref>{{Cita libro |título= Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela |nome= |apelidos= |ligazónautor= |autor2= |ano= 1995 |editor= USC |localización= Santiago de Compostela |isbn= 84-8121-304-7 |páxina= 17 |páxinas= |dataacceso=8 de decembro de 2012 |url= http://books.google.es/books?id=A_e90mnTYugC&pg=PA94&dq=gallaecia+fulget&hl=es&sa=X&ei=UofCUPH8A6u00QX57IBw&ved=0CDMQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false}}</ref>. A exposición constituía un percorrido por tódolos aspectos universitarios deses 500 anos: patrimonio, profesores, estudantes, vida académica, costumes, estudos etc. O grupo [[Milladoiro (grupo musical)|Milladoiro]] foi o encargado de poñerlle [[música]], para o cal compuxeron un [[Gallaecia Fulget (disco)|álbum]] co mesmo título ca exposición. A [[TVG]] sumouse ao acontecemento coa emisión dun [[documental]] de 9 capítulos de 30 minutos cada un, tamén de título [[Gallaecia Fulget (documental)|Gallaecia Fulget]]<ref>[http://www.cmg.xunta.es/visor/dspace.asp?TIPO=VIDEO&COD=257 O documental ''Gallaecia Fulget'' na web do Centro Multimedia de Galiza]</ref>.
 
Nos primeiros anos do [[século XXI]] vivíronse novos episodios de mobilizacións estudantís. O maior deles viviuse entre novembro de [[2001]] e febreiro de [[2002]] en contra da [[Lei Orgánica de Universidades]] (LOU)<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/11/22/100000008336.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego "O conflito máis longo"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20141027041051/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/11/22/100000008336.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego |date=27 de outubro de 2014 }}, ''[[La Voz de Galicia]]''.</ref>, aprobada no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]] o [[6 de decembro]] de [[2001]]. O estudantado valíase das [[asemblea]]s de [[facultade]], á súa vez organizadas na [[Coordenadora Galega por Unha Universidade Pública e de Calidade]]. A [[cidade]] foi un dos epicentros do movemento a nivel [[Estado|estatal]], destacando especialmente polo carácter lúdico e [[Parodia|paródico]] das actividades<ref>[[Iván Julio Ramos Martínez|Ramos Martínez, I. J.]]: [http://antalya.uab.es/athenea/num10/ramos.pdf "La protesta estudiantil en Galicia contra la Ley Orgánica de Universidades"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070630041111/http://antalya.uab.es/athenea/num10/ramos.pdf |date=30 de xuño de 2007 }}, en ''Athenea Digital: revista de pensamiento e investigación social'' nº 10. Barcelona, 2006. Pax. 1-15. ISBN 978-84-206-8496-3 {{es}}.</ref>, que tentaban achegar á [[cidadanía]] o carácter [[Privatización|privatizador]] e excluínte da [[lei]]<ref>[[Llusia, M.]]: "El movimiento estudiantil gallego: asambleario, masivo y abierto a la sociedad", en ''Página abierta'' nº 121. Decembro 2001 - xaneiro 2002. {{es}}.</ref>.
 
O movemento do "Non á LOU" deu pé á organización asemblearia en posteriores mobilizacións, como contra a [[marea negra]] do [[Prestige]] ("[[Nunca Máis]]", novembro [[2002]]), contra a [[guerra de Iraq]] ("[[Non á guerra]]", [[2004]]), contra o [[G-8]], contra o [[Espazo Europeo de Educación Superior]] ("[[proceso de Bologna|Plan Boloña]]") e contra a [[LOMCE]] (outono de 2013)<ref>[http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/peches-na-usc-lomce/idEdicion-2013-10-21/idNoticia-833330/ "Peches na USC contra a Lomce"], ''[[El Correo Gallego]]'', 21 de outubro de 2013.</ref>.
Liña 807:
 
As facultades e escolas mencionadas acollen preto de 80 departamentos, 16 institutos universitarios<ref>{{Cita web |url=http://www.usc.es/gl/servizos/calidade/informesdatos/cifras1.html |título=Estrutura da USC |data-acceso=07 de decembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121021214049/http://www.usc.es/gl/servizos/calidade/informesdatos/cifras1.html |dataarquivo=21 de outubro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>, máis de 60 titulacións e máis dun cento de programas de [[Máster]] e [[Doutoramento]]; ao que hai que engadir as residencias universitarias, bibliotecas, instalacións deportivas e culturais etc.
 
=== Entidades ligadas ===
[[Instituto Galego de Física de Altas Enerxías]], mantido en conxunto coa Xunta de Galicia.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Caamaño|nome=M|apelidos2=Chobanova|nome2=V.|apelidos3=Cid Vidal|nome3=X.|apelidos4=Edelstein|nome4=J.|data=Outubro-decembro 2018|título=Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)|PMC=|revista=Revista Española de Física|doi=|ISSN=0213-862X|PMID=|volume=32|páxinas=50-56|número=4}}</ref>
 
== Servizos ==