Lavadores, Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
elexir > elixir
Liña 22:
Foi concello independente durante 104 anos. Creouse en [[1836]] dentro dun proxecto que pretendía a racionalización e centralización político-administrativa dos concellos da [[Provincia de Pontevedra]]. A súa creación supuxo a desaparición do antigo [[concello do Fragoso]], dividíndose as súas parroquias entre os concellos de [[Vigo]], [[Concello de Bouzas|Bouzas]] e o novo de [[concello de Lavadores|Lavadores]]. En [[1941]] foi anexionado ao concello de [[Vigo]]. Durante os 10 primeiros anos da súa vida, formaban parte do concello as parroquias de Santa Cristina (a que é hoxe en día a parroquia de Lavadores), [[Candeán, Vigo|Candeán]], [[Cabral, Vigo|Cabral]], [[Beade, Vigo|Beade]], [[Bembrive, Vigo|Bembrive]], [[Valadares, Vigo|Valadares]] e [[Zamáns, Vigo|Zamáns]]. En [[1846]] a parroquia de [[Teis]] segregouse de [[Vigo]] e pasou a formar parte de Lavadores.
 
O Concello de Lavadores foi o primeiro concello de Galiza onde se derrotou electoralmente a un candidato caciquil. Foi nas eleccións municipais de 1914 onde resultou elexidoelixido como alcalde Julián Estevez, dirixente do Sindicato de Agricultores de Teis. Esta victoria electoral fala de importancia e da potencia que as organización agrarias tiñan no antigo Concello, de feito tanto a Sociedade de Agricultores de Lavadores como o Sindicato de Agricultores de Teis foron referencias para os labregos galegos entre 1900 e 1936<ref>{{Cita libro|título="Os campesiños de Lavadores. Estructura social e articulación política, 1923-1931"|apelidos=Roman Lago|nome=Isidro|editorial=A Nosa Terra|ano=1998|ISBN=|ref=}}</ref>.
 
O desenvolvemento da actividade industrial no veciño Concello de Vigo dende as primeiras décadas do século XX fixo que o Concello e as parroquias de Santa Cirstina e máis Teis experimentaran unha serie de transformacións, converténdose pouco a pouco nun espazo a cabalo entre o mundo rural e o mundo urbano. Precisamente por isto, a parroquia experimenta un gran presenta de actividade político-sindical, con importantísimos núcleos tanto do PSOE, da CNT, como do PCE o que lle valdría o sobrenome da ''Rusia pequena'' ou ''ruisa chiquita.''