Período helenístico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}}
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 19:
: Ver o artigo sobre as [[Guerras dos diádocos]].
 
Alexandre Magno non deixou sucesores efectivos con capacidade de reinar e, sobre todo, de se impor aos ''diádocos'', oficiais de todas as campañas do soberano, que se destrozaronestragaron mutuamente durante 40 anos. As guerras nas que se meteron [[Pérdicas (xeneral)|Pérdicas]], [[Tolomeo]], [[Casandro]], [[Lisímaco]], [[Antígono Monóftalmo]] e [[Seleuco]], por non citar máis que aos máis importantes, até [[-281|281 a. C.]], fixeron desaparecer toda a parentela de Alexandro e estalar o imperio. Faltou pouco, porén, para que Antígono Monoftalmo, un vello oficial vagamente emparentado coa dinastía macedónica, conseguise reconstituír o imperio: unha coalición dos seus rivais venceuno na [[batalla de Ipsos]] en [[-301|301 a. C.]].
 
Grecia, Macedonia e Asia Menor foron sacudidas profundamente polas campañas militares incesantes entre os diádocos, mentres que a parte oriental do imperio se emancipou rapidamente da súa tutela coa creación dos reinos gregos de [[Bactriana]]. Pouco lles importaba a estes xenerais que parte do imperio gobernar, o esencial era reinar. Así [[Demetrio Poliorcetes]], fillo de Antígono Monóftalmo, dirixiu co seu pai o esencial de Asia e logo, após a derrota e a morte de Antígono, tentou facerse coa Macedonia, chegando a logralo provisoriamente antes de fracasar e rematar a súa vida miserabelmente. O fillo maior de [[Tolomeo I]], [[Tolomeo Keraunos]] foi expulsado do Exipto polo seu pai, refuxiouse co seu medio irmán [[Lisímaco]] na [[Tracia]] e fíxose co seu reino e logo coa Macedonia antes de facer asasinar a Seleuco, que marchaba contra el. O Medio Oriente estivo así totalmente dominado polas ambicións destes xenerais, que tomaban presto o título de rei, e das súas tropas, constituídas fundamentalmente de mercenarios gregos e macedonios.
Liña 32:
 
=== A intervención romana e a desaparición política do mundo helenístico ===
A finais do século III, a Magna Grecia, ou sexa, o sur de [[Italia]] e [[Sicilia]], caeu baixo o dominio romano após un século de enfrontamentos, ora baixo [[Pirro II]], ora no marco das [[guerras púnicas]]. Fixo falta agardar até o inicio do século II a. C. para que Roma interviñese realmente en Oriente. Nun primeiro tempo, subxugou militarmente aos AntígónidasAntigónidas e sobre todo a [[Antíoco III]], a última grande figura política dos soberanos helenísticos antes de [[Mitrídates VI|Mitrídates]] e [[Cleopatra]]. Logo, nun proceso lento e complexo que se estendeu durante case dous séculos, e coa complicidade das cidades e do reino de Pérgamo, Roma asegurouse a dominación completa do Mediterráneo oriental. O acto final desta conquista foi a loita que opuxo a [[Octavio]] e a [[Marco Antonio]], aliado da derradeira soberana do Exipto, [[Cleopatra VII]], e a derrota e suicido desta última en [[-30|30]] a. C.
 
Porén, esta penetración romana no Oriente helenístico non se realizou sen resistencia e fixeron falla non menos de tres guerras para vencer ao rei do Ponto [[Mitrídates VI]] no [[século -I|século I a. C.]]. [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] suprimiu o reino seléucida en [[-63|63 a. C.]] e reorganizou o Oriente baixo a orde romana. O mundo helenístico converteuse entón no campo de batalla das ambicións de diversos xenerais da [[República Romana]] ([[batalla de Farsalia]], [[batalla de Actio]]), até á vitoria final de Octavio.
Liña 65:
 
== Na filosofía ==
En [[filosofía]] o pensamento vese afectado pola desaparición das cidades-estado (''polis'') e a aparición dos grandes estados nos territorios helénicos. O cambio político provoca un afastamento do individuo da vida pública, perdéndose así o obxectivo vital dos cidadáns das ''polis'', isto é, acadar a fama a través da acción política. Como consecuencia disto a filosofía céntrase principalmente en cuestións morais, dirixidas a orientar de xeito vital ó individuo nas novas circunstancias. Neste contexto aparecen dúas correntes éticas opostas: [[Epicureísmo]] e [[Estoicismo]]. A primeira destas propón unha moral parcialmente hedonista: o pracer como meta na vida, aínda que se contemplan tanto os praceres intelectuais como sensibles, sendo o medio para conseguilo a ''ataraxia'', é dicir, a serenidade de espírito producida pola eliminación de medos infundados e polo goce moderado dos praceres. O Estoicismo, en cambio, é unha moral da virtude. Esta consiste nun control anímico que permita ó individuo liberase de todo sentimento, paixón e desexo. En canto as tradicións filosóficas anteriores, só perduran con forza as tendencias de orixe platónico, primeiro derivando nunha orientación escéptica e despois, xa na era cristiá, dando lugar á versión do [[Neoplatonismo]], iniciada con [[Plotino]] (205-270 d. C.). No que respecta á actividade científica desta época sobresaen os estudios multidisciplinares na escola ''museo'' de Alexandría (matemáticas, astronomía, medicina, xeografía etc.) e, con relación ós vindeiros séculos do medievo, cabe mencionar, xa na época romana, ó médico [[Galeno]] (s. II), moi influído por [[Aristóteles]], e ó astrónomo [[Claudio Tolomeo]] (s.II), autor do libro ''Almaxesto'' onde se expón unha concepción xeocéntrica dudo Universo, de inspiración tamén aristotélica, que influirá notablemente na Idade Media.
 
== Véxase tamén ==