Forzas produtivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
subvertir > subverter
 
Liña 2:
'''Forzas produtivas''' ou '''forzas de produción''' (en [[lingua alemá|alemán]], ''Produktivkräfte'') é un concepto central no [[marxismo]] e no [[materialismo histórico]].
 
SubvirtiendoSubvertendo a concepción tradicional da historia, que situaba en primeiro plano as fazañas dos personaxes ilustres, o marxismo fai fincapé na vida material das sociedades. Para [[Karl Marx|Marx]], o primeiro feito histórico é a produción polos grupos humanos da súa propia existencia social. Para producir os bens necesarios para a súa subsistencia, os homes empregan certo número de medios materiais. Eses [[medios de produción]] son primeiro, elementos que se dan na natureza: [[terra]], [[bosque]], [[mar]] etc. Outros permiten transformar mediante o traballo materiais brutos en artigos de consumo.
 
A eses elementos asigna o marxismo o nome de '''forzas produtivas'''. Tales son as ferramentas e todas as forzas motrices utilizadas polo home ([[aire]], [[auga]], [[electricidade]], [[enerxía nuclear|enerxía atómica]] etcétera). Pero hai que incluír tamén entre as forzas produtivas todos os procedementos laborais, o agrupamento dos obreiros en fábricas ou talleres e logo en complexos industriais, a división do traballo e a súa racionalización etc. A ciencia intervén na formación das forzas produtivas.