Diccionario enciclopédico gallego-castellano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Xénero de labor
Liña 44:
Non callou ningún destes intentos e o dicionario non foi publicado ata case 20 anos despois da morte de Eladio Rodríguez. A [[Editorial Galaxia]], co patrocinio da Casa de Galicia de Caracas e grazas ao esforzo de [[Ramón Piñeiro]], editouno en tres tomos: o primeiro en 10 de decembro de [[1958]], o segundo en [[1960]] e o terceiro en [[1961]]. En [[1980]] publicouse unha reimpresión facsimilar e no ano [[2001]], co gallo do [[Día das Letras Galegas]], unha segunda reimpresión.
 
A publicación fíxose a partir das cuartillas manuscritas que conservaba Julio Rodríguez Yordi, fillo do autor. Estas cuartillas consérvanse hoxe en día na [[Fundación Penzol]]. O volume deste manuscrito era tal que houbo que recortar o material dispoñible por razóns económicas. EstaEste labor foi realizadarealizado por Ramón Piñeiro <ref>Nas cuartillas manuscritas pode verse as riscaduras eliminando texto. A ''Gran Enciclopedia Galega'' estima que se suprimiu a cuarta parte do orixinal. De feito, as 45.673 entradas case triplican o volume do último dicionario publicado ata a data, o de Carré, de 1928, con 16.840 voces.</ref>. Asemade suprimíronse numerosas entradas, sobre todo tecnicismos e palabras cultas que coincidían co castelán.
{{cita|"''Noso agradecido sentimento pra os herdeiros do autor; e particolarmente, como persoeiro da confianza de iles e de por sí, ó brilante escritor Don Xulio Rodríguez Yordi, quen con amizade xentil puxo nas mans dos guieiros de GALAXIA o tesouro do libro, a prenda i herdo máis fermosa i entranabre do seu pai. Con amor e respeto, dámolo á pubricidade. Confiamos no trunfo, maino e calado, o xeito de trunfar propio das obras de fondos alicerces, de outa e podente arquiteitura''"|Ramón Otero Pedrayo no Limiar do ''Diccionario''}}
=== Apéndice ===