Escurecemento global: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
invertir > inverter
Liña 11:
 
=== Traballos de investigación ===
O Escurecemento global foi dado a coñecer por [[Atsumu Ohmura]] en [[1989]]; e foi inequivocamente comunicado por Stanhill e Moreshet en [[1992]]. Investigacións independentes en [[Israel]] e [[Países Baixos]] a finais dos 80 puxeron de relevo unha aparente redución da cantidade de luz solar a pesar da amplamente estendida evidencia de que actualmente o [[clima]] global se estaba quentando (ver [[quentamento global]]). A taxa de escurecemento varía nos diferentes lugares do mundo pero de media é de en torno ó 2–3% por década, coa posibilidade de que a tendencia se invertiseinvertese a principios da década dos 90. É difícil efectuar unha medida exacta pola dificultade que entraña calibrar con exactitude os instrumentos e polo problema da cobertura espacial. Así a todo o efecto é real case con toda seguridade.
 
Véxase que o efecto (2-3%, coma antes) é debido a cambios dentro da [[atmosfera terrestre]]; o valor da radiación solar no límite superior da atmosfera non cambiou en máis ca unha fracción desta cantidade. O efecto en realidade é dun arrefriamento nas capas baixas e un quentamento nas altas. Algo lóxico se se ten en conta que se as nubes reflicten máis radiación esta será máis absorbida polas capas altas caldeándoas máis mentres que ó chan lle chegará menos radiación. O efecto invernadoiro, en cambio, actúa á inversa. Devolve a radiación térmica terrestre ó chan e impide que esta poida quentar as capas altas polo que estas se arrefrían mentres que a superficie se quenta. En calquera caso o balance total de radiación devolta polo planeta débese manter constante.