Economía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Economía e emprendemento}}
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16:
 
=== Definición baseada na riqueza ===
As definicións máis temperáns da economía política eran declaracións simples, elegantes que a definían como o estudo da riqueza. [[Adam Smith]], considerado xeralmente como o pai da economía, autor de ''[[A riqueza das nacións|Unha investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións]]'' (coñecida xeralmente como ''A riqueza das nacións'') define a economía simplemente como "a ciencia da riqueza." Smith ofreceu outra definición, "a ciencia referente aos leis da produción, distribución e intercambio." A riqueza definiuse coma a especialización do traballo que permitía que unha nación producise máis coa súa oferta de traballo e de recursos. Esta definición afastou a Smith e a Hume das definicións anteriores que definiron a riqueza como ouro. Hume arguíuargüíu que o ouro sen incremento da actividade simplemente aumentaba os prezos.
 
=== Definición baseada no benestar ===
Liña 34:
* [[Macroeconomía]], que estuda unha economía como un conxunto ou un agregado de individuos con a intención entender a interacción entre agregados económicos, como agora o ingreso nacional, a ocupación e a [[inflación]]. A teoría do equilibrio xeral combina conceptos desde un punto de vista macroeconómico, pero con unha construción microeconómica.
 
Algúns economistas tentarán unir estas dúas ramas ou rexeitarán as súas diferenzas, especialmente durante os anos setenta e oitenta do século XX. Na actualidade, o consenso é que a macroeconomía teña un fundamento microeconómico sólido, é dicir, as premisas macroeconómicas deben ter unha base na microeconomiamicroeconomía.
 
A economía tamén se pode dividir en numerosas subdisciplinas que non por forza pertencen exclusivamente a unha das dúas grandes ramas citadas. Algunhas destas subdisciplinas son: a [[economía internacional]], a [[economía laboral]], a [[economía do benestar]], a [[neuroeconomía]], a [[economía da información]], a [[economía dos recursos]], a [[economía medio ambiental]], a [[economía administrativa]], a [[economía financeira]], a [[economía do desenvolvemento]] e a [[xeografía económica]].
Liña 45:
== Premisas económicas ==
=== Oferta e demanda ===
[[Ficheiro:Supply-demand-right-shift-demand.svg|miniatura|dereita|240px|A [[oferta e a demanda]]: o modelo describe como os prezos varían consonte o resultado dun balance entre a dispoñibilidade do produto e a demanda.]]
Na teoría microeconómica a oferta e a demanda tenta describir, explicar e predicir o prezo e a cantidade de bens que se venden nos mercados competitivos. É un dos modelos máis básicos utilizados na construción de [[Modelo económico|modelos]] e teorías máis detalladas.
 
Liña 59:
 
=== Marxinalismo ===
Na [[marxinalismo|teoría económica marxinalista]], creada pola [[Escola austríaca]] a fins do século XIX, o nivel dos prezos está determinado polo [[custo marxinal]] e pola [[utilidade marxinal]]. O prezo de todos os bens será o custo de fabricar o último que a xente poderá adquirir, e o prezo de todos os empregados dunha empresa será o custo de contratar o último que o negocio necesita. O marxinalismo investiga as decisións baseadas nas ''marxes'', que é o custo de producir a seguinte unidade, fronte a canto se espere recobrar en rendemento. Cando o retorno marxinal dunha acción atinxe cero, esa acción cesa. A utilidade marxinal é a cantidade de satisfacción ou uso que recibe unha persoa dunha adquisición en contraste cun gasto menor. Os beneficios marxinais están a miúdo suxeitos a [[rendementos decrecentes]]: obtense un menor beneficio dunha maior produción ou consumo.
 
Un antigo exemplo pode ilustrar esta teoría: o '''paradoxo da auga e do diamante'''. A auga ten un valor menor do que o diamante, por ser este último máis escaso e máis custoso de obter. Porén, como o ilustrara Condillac (''Le Commerce et le Gouvernement considérés l'un relativement à l'autre'': ''O Comercio e o Gobernos considerados reciprocamente''), un home sedento pagará unha cantidade moi importante por un vaso de auga. O valor resulta así da dispoñibilidade dun ben nun lugar dado. Porén, unha vez consumido o primeiro vaso de auga, e logo un segundo e un terceiro, a utilidade marxinal, moi importante no primeiro vaso, decrece nidiamente tanto que o último vaso (antes do estado de "saciedade", na que o consumo xa non entraña satisfacción suplementaria) non ten case valor. De xeito inverso, o diamante posúe unha utilidade marxinal final moito máis importante e o seu prezo mantense.