Club Deportivo Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 25:
 
=== Nacemento do Club Deportivo Ourense ===
O Club Deportivo Ourense constituíuse o [[10 de setembro]] do [[1952]] co nome de ''Club Deportivo Orense'', con [[Jesús Díaz Varela]] na presidencia.<ref>[http://cdourense.iespana.es/temporadas/52-53.htm "Temporada 1952-53"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100320051533/http://cdourense.iespana.es/temporadas/52-53.htm |date=20 de marzo de 2010 }}, historia do CD Ourense {{es}}.</ref> O club, formado con xogadores locais e afeccionados, debutou en división rexional, pero logrou o ascenso á Terceira División o primeiro ano debido a unha vacante. Tras unha primeira tempada de consolidación na categoría marcouse como obxectivo o ascenso á Segunda División.
 
O equipo clasificouse para as fases finais polo ascenso en tres ocasións consecutivas, acadándoo finalmente no cuarto intento na tempada 1958–59, tras derrotar ao [[Club Deportivo Getxo|CD Getxo]]. Logo de acadar o terceiro posto na tempada de debut en Segunda División, o equipo mantívose cinco anos máis na división de prata. Na campaña 1964–65 descendeu ao finalizar en penúltimo lugar do seu grupo.<ref>[http://cdourense.iespana.es/temporadas/breve_historia.htm "Breve historia"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100319232143/http://cdourense.iespana.es/temporadas/breve_historia.htm |date=19 de marzo de 2010 }}, historia do CD Ourense {{es}}.</ref>
Liña 32:
 
=== Vinte anos até o ascenso ===
Coa introdución da [[Segunda división B española|Segunda División B]], o CD Ourense tivo dificultades para emprender o obxectivo do ascenso e atravesou unha crise deportiva. No [[1980]] non puido evitar descender á Terceira División, manténdose nela ata [[1985]]. Nove anos despois, con [[Antonio Teixidó]] e [[José María Gómez Fuertes]] como adestradores, logrouse o ascenso á segunda división, tras acabar a liga en terceiro lugar e logo de eliminar na liguiña de ascenso o [[Real Jaén]], [[Sestao River]] e [[Unió Deportiva Atlètica Gramenet|Gramenet]].<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1994/06/05/pagina-59/1304057/pdf.html "El Ourense, nuevo Segunda A"], artigo en ''[[Mundo Deportivo]]'', [[5 de xuño]] de [[1994]] {{es}}.</ref> O equipo rematou a campaña [[Segunda división española 1994/95|1994–95]] en última posición e descendeu á Segunda B, pero regresouse no [[1996]], ano en que a entidade se converteu en [[sociedade anónima deportiva]]. Asemade, por estas datas pasou a galeguizar o seu nome. Durante tres tempadas o club loitou por manterse, pero na tempada [[Segunda división española 1998/99|1998–99]] descendeu de novo.
 
=== Actualidade ===