Joachim Murat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
sumisión > submisión
Liña 63:
A Xunta Suprema decidiu ignorar o de 5 de maio e publicar o de renuncia do 6 de maio. Porén, dado que Carlos IV xa renunciara, de novo, á coroa, Murat quedou como Lugartenente dun Reino sen rei, cuxos dereitos ostentaba o emperador dos franceses até o nomeamento dun novo rei (como o apreciamos nun decreto do 25 de maio).<ref name=proclama>''Gazeta de Madrid'' de 3 de xuño [http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1808/053/A00530.tif p. 530]</ref>
 
Murat, aproveitando a ocasión, chegou a propoñerse como candidato a rei e, de feito, comportouse como tal até que Napoleón designou ao seu irmán [[Xosé I de España|Xosé]], aínda que o ''consolaría'' dándolle, o [[15 de xullo]] de 1808, o [[Reino de Nápoles|trono de Nápoles]], que deixaba vacante Xosé,<ref>Artola, Miguel (1973): ''La burguesía revolucionaria (1808-1869)''. Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara, pp. 9-11.</ref> e que ocuparía co nome de Xoaquín I Napoleón.<ref name=M>Maceroni. Francis (1838): [http://books.google.es/books?id=H2kEAAAAQAAJ&lr=&as_brr=3&pg=PA303#v=onepage&q=&f=false Memoirs of the life and adventures of colonel Maceroni]. London: John Macrone, St. James' Square.</ref> España estaba, pois, nese momento, en interregno (termo que aparece no decreto de 6 de xuño proclamando a Xosé I rei de España).<ref name=josef>''Gazeta de Madrid'' de 14 de xuño [http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1808/057/A00568.tif p. 568].</ref> Unha vez conseguidas as renuncias reais e a sumisiónsubmisión das autoridades, en maio, Napoleón, depositario dos dereitos do Trono, encomendou ao Lugartenente do Reino e á Xunta Suprema de Goberno a convocatoria dunha Deputación xeral ou Asemblea de notábeis, de 150 persoas, que se reuniría en Baiona para tratar do estado do reino de España.<ref>''Gazeta de Madrid'' de 24 de maio [http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1808/049/A00491.tif pp. 491], [http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1808/049/A00492.tif 492], [http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1808/049/A00493.tif 493], [http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1808/049/A00494.tif 494], e [http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1808/049/A00495.tif 495].</ref>
 
E o 25 de maio o propio Napoleón lanzou unha proclama aos españois na que indicaba que non ía reinar en España, confirmando a convocatoria da Asemblea de notábeis en Baiona e, de paso, confirmando no seu posto a Murat.<ref name=proclama />