Romaría Viquinga de Catoira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
convertir > converter
Breogan2008 (conversa | contribucións)
sumisamente > submisamente
Liña 16:
== A festa ==
[[Ficheiro:Fiesta Vikinga en Catoria, Galicia.jpg|dereita|thumb|240px|Veciños disfrazados na romaría cunha das [[Torres de Oeste]] no fondo.]]
A festa comezou a celebrarse en [[1961]]. A primeira etapa foi a do Ateneo do Ullán entre 1961 e 1964. Todo comezou no ano 1959, cando o poeta e crego de [[Isorna, Rianxo|Isorna]], Faustino Rey Romero e mailo poeta catoirense Baldomero Isorna Casal, fundan o Ateneo do Ullán, un foro artístico e literario formado por intelectuais das terras do Ulla. Este grupo de intelectuais son que decidiron en 1960, nunha das súas tertulias, que estaría ben celebrar a xeito de festa o desembarque do rei Ulfo. A primeira Romaría Viquinga tivo lugar o 29 de xullo do 1961, cunha misa na Capela de Santiago das Torres de Oeste, na memoria de [[Diego Xelmírez]], e demais defensores da fortaleza. Ademais Pedro Montañés, coroado con pólas de árbores, representaba o temíbel viquingo Ulfo, e saltaba á terra dende a súa dorna, para ir ao encontro do bispo Cresconio, representado por Rey Romero que, con solemnes palabras, dominaba o invasor, facéndolle axenlloarse sumisamentesubmisamente ante o representante da cristiandade. Despois tiña lugar un xantar campestre co son dunha banda de gaiteiros, ademais dun acto literario no que participaban escritores da comarca, e no que se basea o actual pregón das festas. Á noite, nas [[amea]]s das torres, acendíanse [[fogueira|cacharela]]s para lembrar o xeito no que noutrora se anunciaba a arribada de piratas na ría<ref>[http://www.vikinga.es/ A partir da información da páxina web do concello sobre a festa.]</ref>.
 
A segunda etapa comeza en 1965 e dura até 1990, é o período de consolidación da romaría, desta volta patrocinada pola empresa local de Cerámica Domínguez do Noroeste S.A. e organizada polos seus traballadores. En 1988 a festa foi declarada de "Interese Turístico Nacional".