Pop rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
convertir > converter
Liña 19:
O crítico Philip Auslander di que a distinción entre pop e rock é máis pronunciada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] que no [[Reino Unido]]. Afirma que nos Estados Unidos o pop ten raíces nos [[crooner]]s brancos como [[Perry Como]], mentres que o rock vén de formas musicais afroamericanas como o [[rock and roll]]. Auslander sinala que o conceto do pop rock que mestura pop e rock contradí a típica concepción de ámbolos dous xéneros como opostos. Auslander e outros estudosos, como Simon Frith e Grossberg, argumentan que a música pop adoita ser representada como unha forma de entretemento non auténtica, cínica, comercial e estereotipada. Polo contrario, a música rock adoita ser considerada como unha forma auténtica, sincera e anticomercial, e fai énfase nas composicións, na virtuosidade e na conexión real coa audiencia<ref>P. Auslander, ''Liveness: Performance in a Mediatized Culture''</ref>.
 
A análise da historia da música popular entre os [[Década de 1950|anos 50]] e [[Década de 1980|80]] de Simon Frith ten sido criticada por B. J. Moore-Gilbert, que argumenta que Frith e outros expertos sobreenfatizaron o papel do rock na historia da música popular ao nomear cada xénero novo usando o sufixo "rock". Así, cando un estilo de música orientado ao [[folk]] desenvolveuse nos [[Década de 1960|anos 60]], Frith denominouno "[[folk rock]]", e os estilos infundidos polo pop dos [[Década de 1970|anos 70]] foron chamados "pop rock". Moore-Gilbert afirma que este enfoque coloca inxustamente o rock no cumio e fai que todas as demais influencias se convirtanconvertan nun complemento do rock<ref>B. J. Moore-Gilbert, ''The Arts in the 1970s: Cultural Closure?'' (Routledge, 1994), p. 240, ISBN 0-415-09906-4.</ref>.
 
== Notas ==