A morte na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
prorrumpir > prorromper
Liña 139:
::''Ó mesmo tempo que eles íban chegando ó Campo Santo, iña chegando tamén o enterro, rompendo a marcha o estandarte negro e algo furado da parroquia, o crego i as mulleres que lle facían o pranto, turrando, turrando polos pelos como si fosen cousa allea, berrando hastra enroucare e agarrándose á tomba de tal maneira que non deixaban andar ós que a levaban'' ([[Rosalía de Castro]]: ''[[Conto gallego]]'')<ref>O relato é ''Conto gallego'', do que se pode ler o [[:s:Conto gallego|texto íntegro]].</ref>.
 
Hai constancia do propósito da igrexa [[catolicismo|católica]] para acabar con este costume, xa desde os concilios bracarense e primeiros composteláns porque "''es cosa que no place à Dios''". En [[1740]], tras ser informado o arcebispo de [[Santiago de Compostela|Compostela]] de que nos enterros "''concorren todos os descendentes e deudos dos defuntos a chorar a súa morte, máis por estilo e práctica que por dolor dela, o cal afectan con desmesurados berros e accións descompostas, facendo demostracións de querer sepultarse co defunto, con cuxo motivo prorrumpenprorrompen en ridículas expresións''", ordenou ós [[párroco]]s que multasen a quen así se comportase con catro reais na primeira vez, con oito a segunda e, de reincidir, que se deixase sen dar terra ó defunto ata que as carpideiras se retirasen.<ref>GARCÍA RAMOS: 24.</ref>
 
Críase que o pano mortuorio sobre o que se colocaban os cadáveres na igrexa adquiría virtudes [[curación|curativas]] para os enfermos, ós que se lles facía o chamado ''aventamento'': deitábase o enfermo no chan e batíase o pano sobre el, colléndoo entre catro persoas.<ref>RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''aventamento''</ref>