Branca I de Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
interrumpir > interromper
Liña 61:
O [[13 de agosto]] de [[1408]] Branca foi novamente designada ''Vicaria'' do reino de Sicilia, cando o seu marido partiu a unha [[campaña militar]] ao [[reino de Sardeña]]. Nas funcións de goberno estivo auxiliada por un Consello formado por administradores e representantes electos das principais cidades sicilianas, así como por expoñentes do poderío [[Cataluña|catalán]] no reino. O [[3 de outubro]] o rei zarpa desde a cidade de [[Trapani]], deixando a Branca o goberno del reino, ao cal Martiño o Mozo nunca regresaría, pois morreu en [[Cagliari]] o [[25 de xullo]] de [[1409]], vítima de [[malaria]].<ref name="BlancaSicilia" />
 
A morte do seu esposo non interrumpeuinterrompeu a rexencia de Branca, pois Martiño, no testamento asinado o mesmo día da súa morte, estipulou que ela mantivera o seu cargo. O [[Coroa de Aragón|rei de Aragón]] [[Martiño I o Humano]] (Martiño o Vello), agora rei de Sicilia como sucesor do seu fillo, seguiu os seus desexos e confirmou a súa nora como vigaria o [[7 de agosto]] de [[1409]].<ref name="BlancaSicilia" />
 
Pronto comezaron novos plans matrimoniais para a raíña viúva e vigaria de Sicilia. A finais de [[1409]] formalizouse en [[París]] o seu formal casamento con [[Luís VII de Baviera|Luís de Baviera-Ingolstadt]], irmán de [[Isabel de Baviera-Ingolstadt|Isabel]], [[Reino de Francia|raíña consorte de Francia]]. Pero a comezos do ano [[1410]] o compromiso foi cancelado.<ref name="Cawley">[http://fmg.ac/Projects/MedLands/NAVARRE.htm#BlancaIdied1441 Charles Cawley: Foundation of Medieval Genealogy] {{en}}.</ref>