Diferenzas entre revisións de «Vila-mausoleo de Centcelles»

sen resumo de edición
O sistema de construción da estrutura de Centcelles está marcado polas características romanas. A construción dos muros é maciza, de 1,50-3 metros. Este grosor fai que se neutralice a forza lateral que crea a cúpula, e así se poida soportar o peso sen necesidade de contrafortes exteriores.
 
Na estrutura dos muros, a caixa exterior está formada por materiais de mamposteríacachotaría sen labrar e de diferentes tamaños. Para nivelar a construción e dar solidez ao complexo, entre cada dous ou tres filas de pedras irregulares aséntase unha fila formada por grandes lousas, do espesor dun tixolo.
 
A constitución da cúpula segue o mesmo sistema que os muros, pero os materiais están dispostos con maior regularidade, ordenados en fileiras horizontais que seguen a forma esférica da cúpula. O material utilizado é a pedra sen labrar ([[cascallo]], fragmentos de pedra), un sistema moi frecuente en bóvedas romanas. As interseccións das pedras reenchíanse a base de morteiro, material moi adaptable pola súa plasticidade para este tipo de superficies.
 
Esta diversidade nos métodos de construción poden suxerir unha cuestión de non contemporaneidade, pero esa suposición descartouse pois ambos muros dos edificios están intimamente ligados e os estratos de mamposteríacachotaría como as filas que as nivelan seguen o mesmo sistema sen interrupción. Os arcos que perforan os muros son do tipo romano. Así pois, en xeral o sistema construtivo preséntase como firme e macizo, ao estilo romano: de concepción grandiosa pero pobre nos seus materiais quedando ben reflectida a [[praxe]] romana.
 
É, en conxunto, un monumento crave da [[arte paleocristiá]].
223.065

edicións