Diferenzas entre revisións de «Vila-mausoleo de Centcelles»

sen resumo de edición
Ao noroeste e ao nordeste atópase o poboado primitivo e a vila rústica. Realizouse unha escavación en extensión con cortes de 80 metros. Nestes cortes atopáronse as construcións da época republicana, de aproximadamente século II- I a.C cerca do edificio central. Como añadidura existen extensas construcións destinadas a dependencias agrícolas que pertencen á antiga vila rústica. Un exemplo diso é o gran almacén de ''[[doliae]]'', recipientes utilizados para o almacenaxe de aceite e viño.
 
En canto á gran vila do século IV, esta foi creada de xeito diferencial ás anteriores. A planta é rectangular de enormes dimensións, cun amplo sector para vivenda. A vila estaba formada ao redor dun gran [[perístilo]] con diferentes dependencias. A vila estaba ademais provista de baños ([[letrinaslatrina]]s) e unha sala absidial abovedada. Todo iso ocupando 90 metros de lonxitude. No momento de construción [[Hauschild]] cre que se erixiu a cripta e a decoración musiva da sala da cúpula á vez.
Algunhas das salas contan cun revestimento da [[Idade Media]], o que significa que non quedaron terminadas en época romana. Ademais pódense diferenciar o tipo de canalización das [[termas]], restos de mármore de varias cores, restos de ''[[opus signinum]]'', e a abundancia de [[tesserae]] nesta zona falan dun taller de mosaico.
 
208.826

edicións