Galeón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/gran
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Spanish Galleon.jpg|miniatura|200px|Galeón español por [[Durero]].]]
As proporcións dos buques do século XIV e XV obtíñanse a partir da vella fórmula catalá ''tres, dúas e as'', é dicir, [[eslora]] tripla que a [[manga]] e esta dobre que o [[puntal]], para o galeón pásase ao 4:2:1, algo máis curto e ancho que unha galera e máis longo e menos alto que unha nave, aínda que esta altura era elevada notablemente pola presenza dun considerable acastillaxe (cubertas e estruturas elevadas usadas como plataforma de tiro) a [[proa]] e a [[popa]], característica que herdaron das galeras, pero o elemento máis típico que conservaron destas é o esporón que se prolonga no longo [[bauprés]], aínda que xa desprovisto da súa función ofensiva e sen reforzos de [[ferro]], pasando a converterse progresivamente en [[beque]]s: plataforma abalconada desde a que se manobra a [[enxarcia]] da proa e que alberga os xardíns ou letrinas[[latrina]]s da tripulación. Nun manuscrito veneciano do século XVI descríbense as dimensións dun galeón: eslora entre perpendiculares 41,3 m, eslora na [[quilla]] 30,5 m, manga 10 m.
 
O galeón foi na súa versión definitiva un buque máis longo e estreito que a nave e máis curto e ancho en proporción que a galera, xeralmente de menos de 500 t aínda que algúns, como os [[galeón de Manila|galeóns de Manila]], podían alcanzar as 2.000 t. O desprazamento foi variando co tempo e incrementouse progresivamente desde ao redor de 334 t máis ou menos para os galeóns no inventario real de [[1556]]. Posteriormente os rexistros mostran unha clara tendencia ao aumento de tamaño ao mencionar embarcacións cada vez maiores; por exemplo na [[Armada Invencible|Grande Armada]] de [[1588]] contra Inglaterra participaron tres grandes galeóns portugueses de 1.000 t e 8 dunhas 800.