Fabricio Agosto Ramírez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
suscrito > subscrito
recurrir > recorrer
Liña 62:
Só unha temporada máis tarde, a 2006–07, Fabricio pasou ao [[Deportivo da Coruña B|Deportivo B]], filial do equipo coruñés, onde xogaría as dúas seguintes. Na última destas temporadas, a polémica suscitada entre os dous porteiros do primeiro equipo, [[Gustavo Munúa]] e [[Dudu Aouate]], logo de que o primeiro batese no segundo no contexto dunha liorta entre ambos, proporcionoulle ao canario unha oportunidade na [[Primeira división española|Primeira División]]. O seu debut coma titular do primeiro equipo produciuse o [[13 de xaneiro]] de [[2008]], nunha derrota contra o [[Villarreal CF]] no [[estadio El Madrigal]]. Fabricio aínda disputou varios partidos oficiais máis ata que no mes seguinte os dous porteiros implicados na liorta puideron reincorporarse á disciplina do primeiro equipo, regresando o canario ao filial.
 
Porén, as súas actuacións durante esta temporada gañáronlle a confianza do [[adestrador]] do Deportivo, [[Miguel Ángel Lotina]], permitíndolle na tempada [[Primeira división española 2008/09|2008–09]] incorporarse ao primeiro equipo. Mais a polémica chegou a mediados desta campaña cando, tras unha sanción do porteiro titular, [[Daniel Aranzubia|Dani Aranzubia]], e logo dunha conversa entre o adestrador e Fabricio, estes chegaron ao acordo de que o canario non xogase coma titular, recurrindorecorrendo Lotina ao ata entón condeado ao ostracismo, [[Gustavo Munúa|Munúa]]. No fondo do asunto estarían unhas supostas condicións no contrato do porteiro co Deportivo, segundo o cal, no caso de disputar este un número determinado de partidos co primeiro equipo habíase producir unha renovación automática cunhas condicións económicas que, ao parecer, non satisfacían a Fabricio. Tamén influirían, segundo certos rumores, os supostos intereses doutros clubs de Primeira en fichar a Fabricio.
 
En [[2009]] firmou co [[Real Valladolid]] un contrato por dúas tempadas (até o [[30 de xuño]] de [[2011]]) con opción a prolongarse. Na campaña [[Primeira división española 2010/11|2010–11]] foi cedido ao [[Real Club Recreativo de Huelva|Recreativo de Huelva]], aínda que o Real Valladolid resérvase o dereito a repescalo ao final da tempada coa renovacion do xogador até xuño de 2012.