Folga xeral revolucionaria de 1934: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
recurrir > recorrer
Liña 36:
A insurrección comeza na noite do 5 ó 6, cando varios milleiros de sindicalistas ocupan os postos da Garda Civil, controlan [[Avilés]] e [[Xixón]], apodéranse da fábrica de canóns de Trubia e La Vega e chegan a ocupar [[Oviedo]], defendida por unha guarnición de mil homes, que toman mediante a loita nas rúas. Os revolucionarios crearon unha comuna, substituíron a moeda por vales asinados polos comités, confiscaron edificios, requisaron vehículos e abasteceron as cidades asediadas. Os máis radicais exerceron a violencia contra o clero e as clases altas, resultando mortas 34 persoas<ref>''República y guerra civil''. Julián Casanova. Páx. 131</ref>.
 
Dende o goberno considerouse a revolta como unha guerra civil. O ministro de guerra recurreurecorreu a [[Francisco Franco]] para afogar a revolta, en detrimento de [[Carlos Masquelet]], xefe do Estado Maior. O xeneral [[Eduardo López Ochoa]] saíu de Lugo cunha expedición de preto de 400 soldados e o día 7 chegou o buque ''Libertad'', para disparar cos seus canóns contra os revolucionarios, mentres se bombardeaban as concas mineiras e Oviedo cos avións do exército. O 10 de outubro chegan a Xixón dúas bandeiras (seccións) da [[Lexión española]] e outras dúas de tabores de Regulares (compostos por marroquís mercenarios, ó mando do xeneral [[Juan Yagüe]]), que comezaron a avanzar cara Oviedo. Ante o avance das tropas, González Peña ordenou o repregamento cara ás montañas, aínda que non foi obedecido por grupos de mineiros que mantiveron liortas entre o 14 e o 17. Daquela, López Ochoa tiña xa á súa disposición 15.000 soldados e 3.000 gardas civís, sumadas ás tropas do xeneral Yagüe. Así, tralo fracaso do intento revolucionario, o novo presidente do Comité revolucionario [[Belarmino Tomás]], negociou o día 18 con López Ochoa a rendición, a cambio de que os "mouros" non entraran nas poboacións. Porén, dende o día 10 os mercenarios e os lexionarios xa entraran nos pobos levando a cabo roubos, asasinatos, torturas e violacións, acompañados con frecuencia de execucións.
 
Unha vez demantelada a comuna asturiana, as forzas militares emprenderon unha durísima represión, na que sobresaen nomes coma o do Garda Civil Lisardo Doval<ref>''República y guerra civil''. Julián Casanova. Páxina 132.</ref><ref>''La guerra civil española''. Antony Beevor. Páx. 46.</ref>. O xornalista [[Luis de Sirval]], que investigara as torturas e execucións foi tamén asasinado. Oficialmente ditáronse 20 penas de morte, das que se executaron dous. Os cárceres enchéronse con milleiros de presos. A revolución en Asturias durou 15 días e custou a vida a unhas 1.100 persoas e 300 soldados e gardas civís, provocando 2.000 feridos. O goberno ordenou substituír as alcaldías dirixidas por republicanos e socialistas de esquerdas por xestoras da súa confianza (máis de 200 concellos víronse afectados). Despois de outubro de 1934 tanto socialistas como anarquistas abandonaron o camiño insurreccional, mentres a dereita aprendeu que podía contar co exército, a "columna vertebral da patria", como o definiu [[José Calvo Sotelo]] por eses días. O goberno, ante a derrota dos seus adversarios, saíu fortalecido, porén a [[CEDA]] quería máis poder no goberno. Ante esta situación, e despois de que Alcalá Zamora indultara a Ramón González Peña (indulto ó que a CEDA opúñase), Lerroux tivo que formar un novo goberno no que a CEDA tivo 5 ministros, entre eles Gil Robles, na carteira de Guerra.