Prusia (rexión): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recurrente > recorrente
Liña 94:
O [[14 de agosto]], o Gran Mestre da Orde Teutónica [[Ulrich von Jungingen]] declarou a guerra á Unión de Krewo. Inmmediatamente as forzas teutónicas pasaron á ofensiva e invadiron a [[Gran Polonia]] e a [[Cujavie]], pero os polacos responderon á invasión reconquistando [[Bydgoszcz]]. Un acordo de [[armisticio]] asinado o [[24 de xuño]] de [[1410]], permitiu aos lituanos e polacos prepararse para terminar coa ameaza teutoa de vez. A [[batalla de Grunwald]], o [[15 de xullo]] seguinte, tamén coñecida como "batalla de Tannenberg", marcaría o inicio da decadencia dos cabaleiros teutónicos.
 
A [[Paz de Toruń (1411)|primeira paz de Toruń]], asinada o [[1 de febreiro]] de [[1411]], impúxolle aos cabaleiros unha compensación financeira tan grande que non tiveron máis remedio que recurrirrecorrer a unha suba de impostos moi elevada, porque o tesouro estaba practicamente baleiro.
A poboación prusiana rebelouse entón de novo contra os cabaleiros alemáns e pediu axuda ao rei de Polonia [[Casimiro IV Iagelión|Casimiro IV]]. A [[guerra dos Trece Anos]] estalou unha vez máis entre a Orde e Reino de Polonia en [[1454]], durante a cal Prusia se empobreceu. A [[batalla de Puck]] en [[1462]] foi unha vitoria decisiva dos polacos que se traduciu no segundo [[tratado de Toruń]], polo que a Orde Teutónica cedía a Polonia o leste da [[Pomerania]], así como os [[voivodato]]s prusianos de [[Elbląg]] (en prusiano, ''Elbling''), [[Malbork]] e [[Chełmno]] (''Culm'' ou ''Kulm'' en alemán) que logo formarían a [[Prusia Real]]. O resto da "Prusia Teutónica" permaneceu en posesión da Orde, pero sometida á soberanía [[feudalismo|feudal]] de Polonia.