Materia escura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura científica}}
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10:
Un dos maiores desafíos da [[astronomía]] moderna é a detección deste máis de 90% do [[Universo]], invisible para a actual [[tecnoloxía]] telescópica. Segundo os datos feitos públicos polos responsables da misión da sonda Planck, o 23 de marzo do ano 2013, o universo estaría composto nun 4.9% de materia ordinaria, nun 26.8% de materia escura, e nun 68,3% de enerxía escura.
 
A [[ciencia]] logrou entender moito da "[[materia bariónica]]", a materia "normal" que forma as estrelas e planetas, pero os investigadores teñen moitos problemas para explicar qué constitúe o principal material do que está formado o [[Universo|cosmos]]. A súa presenza conxetúraseconxectúrase pola velocidade en que as [[galaxia]]s rotan. É dicir, as [[estrela (astronomía)|estrelas]] das galaxias móvense tan rápido que no modelo gravitacional hoxe aceptado sería imposíbel que se mantivesen xuntas por atracción gravitacional. A hipótese da materia escura permite dar conta deste feito, a cambio de propoñer que o 63% da materia do universo é invisíbel e descoñecida.
 
A comezos de [[2006]], científicos de [[Cambridge]], estudando doce galaxias ananas situadas preto do límite da nosa propia [[Vía Láctea]], realizaron [[mapa]]s en 3D das galaxias baseándose no movemento das súas estrelas para "trazar" a pegada desa materia escura entre elas e medila con precisión, concluíndo que as galaxias debían conter 400 veces máis materia escura que materia bariónica e que a materia escura non sería, como se cría, fría: as partículas de materia escura, moveríanse a 9 km por segundo, e estarían a uns 10.000º centígrados.
Liña 16:
 
== Situación actual ==
Na actualidade emprégase o observatorio espacial Herschel (no espazo dende 2009) para o estudo da materia escura utilizando como ferramenta principal o telescopio de 3,5 metros, que traballa na lonxitude de onda de luz [[infravermello|infravermella]]. FrutoFroito desta investigación, a revista [[Nature]] publicou (en liña o 16 de febreiro de 2011 e na edición impresa 24 de febreiro de 2011)<ref>http://www.nature.com/nature/journal/vaop/ncurrent/abs/nature09771.html</ref><ref>Submillimetre galaxies reside in dark matter haloes with masses greater than 3 × 1011 solar masses</ref> o traballo do equipo de astrónomos dirixido por Asantha Cooray (Universidade de California en Irvine) que calcularon a cantidade de materia escura necesaria para a creación dunha galaxia, baseándose nas imaxes do fondo cósmico infravermello da rexión celeste chamada "Lockman Hole", situada na constelación da Osa Maior <ref>http://www.nasa.gov/mission_pages/herschel/herschel20110216i.html</ref>, chegando a estimar que faría falla unha cantidade de materia escura equivalente a 300 millóns de masas solares (estrelas coa masa do [[Sol]]) para xerar unha galaxia.
[[Ficheiro:Alpha_Magnetic_Spectrometer_-_02.jpg|150 px|dereita]]
A derradeira misión espacial da lanzadeira espacial americana Endeavour (o 16 de maio de 2011) deixou o espectrómetro magnético Alfa ou AMS na [[Estación Espacial Internacional]] (ISS). Deseñado polo equipo da [[NASA]] liderado polo físico Samuel Chao Chung Ting, (nobelNobel de física en 1976) para localizar galaxias de antimateria, materia escura (na procura de [[neutralino]]s mediante a localización de positróns de alta enerxía), e raios cósmicos. O espectrómetro é ultrasensible e require un supercomputador composto por mais de 650 procesadores; é por iso que en lugar de ser un satélite máis, débese instalar na ISS para acadar a subministración de enerxía necesaria para o seu correcto funcionamento (o custo económico do satelitesatélite é de 1.500 millóns de dólares). O núcleo do instrumento é un imán superconductorsupercondutor arrefriado con helio a -271.35º Celsius (isto é 1,8º celsius por riba do cero absoluto) producindo un campo magnético de 1 Tesla (20.000 veces maior ao campo magnético terrestre).
 
== Notas ==