Xaime I de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 10:
Tiña uns seis anos cando foi xurado nas Cortes de [[Lleida]] de [[1214]]. En setembro de [[1218]] celebráronse por primeira vez en Lleida unhas Cortes xerais de aragoneses e cataláns, nas cales foi declarado maior de idade.
 
En febreiro de [[1221]] desposouse con [[Leonor de Castela (1202-1244)|Leonor de Castela]], irmá de [[Berenguela de León e Castela|Dona Berenguela]] e tía de [[Fernando III de León e Castela|Fernando III]]. Anulado o seu primeiro casamento por razón de parentesco, contraeu segundo matrimonio coa princesa [[Violante de Hungría|Violante]] (8 de setembro de 1235), filla de [[Andrés II de Hungría|Andrés II]], rei de [[Hungría]]. Polo testamento do seu curmán [[Nuño Sánchez]], herdou os condados de [[Rosellón]] e [[Cerdaña]] e o vizcondado de [[Fenolledas]] en [[Francia]] ([[1241]]).
 
== Reinado ==
Liña 62:
[[Ficheiro:Momia Jaume I.jpg|miniatura|dereita|190px|Cabeza da momia de Xaime I, fotografada o ano 1856 durante o seu traslado a Tarragona]]
 
Da súa primeira muller, Leonor, tivo a don Afonso ([[1229]]-[[1260]]). Casou con Constanza de Moncada.
 
Da segunda, [[Violante de Hungría]], tivo a:
* Don Pedro (futuro [[Pedro III de Aragón|Pedro III o Grande]]), que lle sucedeu nos reinos de [[reino de Aragón|Aragón]], [[Reino de Valencia|Valencia]] e nos condados cataláns.
* Don Xaime (futuro [[Xaime II de Mallorca]]), que herdou o [[reino de Mallorca]], que comprendía as [[illas Baleares]] de [[Mallorca]], [[Menorca]] (aínda baixo o poder dun soberano musulmán aínda que tributaria desde [[1231]]), [[Eivissa]] e [[Formentera]], os condados do [[Rosellón]] e a [[Cerdaña]] e os territorios que o Conquistador conservaba en [[Occitania]] (o [[señorío de Montpellier]], o vizcondado de [[Carlades]], en [[Auvernia]], e a baronía de [[Omelades]], contigua a Montpellier).
* Don Fernando (1245-1250), que morreu pícaro.
* Don Sancho (1250-1279), arcediago de [[Belchite]], abade de [[Valladolid]] e arcebispo de [[Toledo]], faleceu prisioneiro dos mouros granadinos.
* Dona [[Violante de Aragón]] (1236-1301), muller de [[Afonso X o Sabio]].
* Dona Constanza (1239-1269), esposa do infante castelán Don [[Manuel de Castilla|Manuel]], irmán de Afonso X o Sabio.
* Dona Sancha, que se fixo monxa e morreu en [[Xerusalén]].
* Dona María (1248-1267), relixiosa tamén.
* Dona [[Isabel de Aragón (raíña de Francia)|Isabel]] (1247-1271), esposa de [[Felipe III de Francia|Felipe III o Atrevido]], fillo de San Luís de Francia.
 
Tradicionalmente considerouse que foi o desexo de Violante de conseguir boas herdanzas para os seus fillos o motivo polo que Xaime I procedeu á partición dos seus reinos. Con todo, parece ter máis sentido a concepción patrimonial dos reinos que tiña o rei. Así, fixo un primeiro repartimento no seu testamento de 1241. Segundo este testamento, o primoxénito Afonso herdaría Aragón e Cataluña, e Pedro, fillo de Violante, Valencia, as illas Baleares, o Rosellón, a Cerdaña e as posesións occitanas. Dous anos despois, un novo testamento introduce ao seu terceiro fillo na repartición. Cataluña pasa de Afonso a Pedro, o cal cede as illas Baleares, Rosellón, Cerdaña e as posesións occitanas a Xaime. Novo testamento en 1248, incluíndo no repartimento ao novo fillo, Fernando. Á morte de Afonso (1260), outorgou novo testamento (1262), o cal daría a configuración definitiva da herdanza.
Liña 92:
* A intervención na normalización xurídica, apoiando a figuras como [[Raimundo de Peñafort|Raimundo de Penyafort]] ou [[Vidal de Canellas]] e impulsando o [[Dereito romano]].
* O impulso dado ás institucións xerais do reino, como as Cortes, e os concellos.
* O progreso das letras catalás, co rei como protagonista do ''Llibre dels Feits'', primeira gran crónica catalá medieval, escrita en catalán do século XIV ou ditada polo rei, en estilo autobiográfico, na que principalmente conta a conquista de Valencia, Alzira e Murcia, algunhas cortes convocadas e o apoio que prestou á súa filla Violante en relación á petición de colaboración para defenderse do rei mouro de Granada. É moi interesante como recruta tropas dos ''ricoshomes'' da Coroa de Aragón, desde Almenar, Tamarite e diríxese a Huesca para chegar ao Sur por Zaragoza e Teruel. Narra con axilidade a defensa de Villena e a conquista de Murcia onde prevalece o respecto á poboación e costumes dos "sarracenos" mantendo as mesquitas e os costumes, ao mesmo tempo que se refire á alxamía presente na cidade. Pide colaboración das xentes de Cataluña e as de Aragón, primeiro para defender os intereses da súa filla, dona Violante e dos seus netos e ao mesmo tempo para "salvar España", porque se o rei mouro de Granada pode co rei de Castela, a terra de España das terras de Aragón e Cataluña tamén poden perigar. É entrañable a descrición da festa de Nadal que pasan xuntos en Barcelona o Rei Afonso, a súa esposa, dona Violante e os fillos de ambos acompañados polo avó chamado Xaime I, "Rei de Aragón e de Mallorca e de Valencia, Conde de Barcelona e de Urxel e Señor de Montpellier" (folio 219 do manuscrito do "Llibre dels feits"). É curiosa a conservación do ditongo "ei", producido pola vocalización da velar do grupo "ct" no título da obra: a palabra feits escríbese igual mo ribagorzano actual pronuncia "feiz" para a voz que o aragonés resolve na forma "feitos" e o catalán moderno co vocábulo "fets". A infancia de Xaime I transcorreu no castelo de Monzón, xunto ao río Cinca, e é onde aprendeu o fala viva ao coidado do Maestre da Orde do Temple. No seu autobiografía apréciase unha constante familiaridade cos catro brazos do poder de Aragón e a amizade con que trata a "Pere de Muncada" que lle recruta cabaleiros no territorio fronteirizo entre Aragón e Cataluña das poboacións de Almenar e Tamarite. A dobre forma en que escribe o topónimo Monzón é un vestixio de que tanto dominaba o fala viva da zona na forma "Monço" como a forma catalá escrita coa grafía "Muntsó" no manuscrito que se conserva na Biblioteca Nacional de Madrid.
 
Como elementos negativos, é preciso advertir que o xuízo histórico sobre Xaime I depende do reino no que se centra o historiador. Para os historiadores aragoneses as conclusións adoitan ser negativas, aducindo o carácter patrimonial que deu aos seus reinos, sen importarlle repartir os seus dominios entre os seus fillos. Tamén é criticada a fixación da fronteira catalá-aragonesa no Cinca, o que supuxo a adxudicación final de [[Lleida]] a Cataluña e a separación definitiva de Aragón e Cataluña en dúas entidades con dereito e Cortes diferentes, tras levaren cen anos unidos. A expansión territorial tamén é axuizada negativamente, posto que coa conquista e creación dos reinos de Mallorca e Valencia, a Coroa converteuse definitivamente nunha entidade de carácter confederal, coa monarquía como única institución común e sen ningunha aspiración común entre os diversos reinos.