Ludwig van Beethoven: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
debatir > debater
Liña 124:
Cara a comezos de [[1818]] a saúde de Beethoven mellorara, e o seu sobríño foi vivir con el en xaneiro. Porén, a súa audición deteriorárase ata o punto de que as conversas fixéronselle difíciles, precisando usar libros de conversa. A xestión do seu fogar tamén mellorara un pouco; Nanette Streicher, que axudara ao seu coidado durante a enfermidade, continuou prestado o seu apoio, e finalmente atopou a un experto cociñeiro<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|p= 260}}</ref>. A súa produción musical en [[1818]] aínda foi un pouco reducida, pero incluíu coleccións de cancións e a sonata "[[Sonata para piano n.º 29 (Beethoven)|Hammerklavier]]", ademais de bosquexos para dúas sinfonías que finalmente se unirían para formar a Novena. En [[1819]] volveu a preocuparse polo proceso legal ao redor de Karl, e comezou a traballar nas ''Variacións Diabelli'' e na ''Missa Solemnis''.
 
Durante os anos seguintes continuou traballando na ''Missa'', compoñendo sonatas para piano e [[bagatela]]s para satisfacer as demandas de editores e a necesidade de ingresos, ademais de completar as ''Variacións Diabelli''. Enfermou novamente durante longo tempo en [[1821]], e completou a ''Missa'' en [[1823]], tres anos despois da data prevista. Tamén comezou a debatirdebater cos seus editores sobre a posibilidade de producir unha edición completa da súa obra, unha idea que non se veu plenamente realizada ata [[1971]]. Johann , o irmán de Beethoven, comezou a traballar nos seus asuntos financeiros, como fixera Carl anteriormente, localizando vellas obras inéditas co obxectivo de publicalas e ofrecendo a ''Missa'' a varios editores para intentar conseguir un maior prezo por ela.
 
Dous encargos en [[1822]] melloraron as perspectivas financeiras do compositor. A [[Philharmonic Society]] de [[Londres]] ofreceulle un encargo para unha sinfonía, e o príncipe [[Nikolas Golitsin]] de [[San Petersburgo]] encargoulle tres cuartetos de corda. O primeiro deses traballos estimulou a Beethoven para rematar a Novena Sinfonía, que foi interpretada por vez primeira, xunto coa ''Missa Solemnis'', o [[7 de maio]] de [[1824]], con grande éxito no [[Kärntnertortheater]]. A publicación ''Allgemeine musikalische Zeitung'' dixo efusivamente, "un xenio inesgotable amosounos un novo mundo", e Carl Czerny escribiu que a súa sinfonía "respira como un espírito fresco, vivo e certamente xuvenil [...] tanta enerxía, innovación, e beleza como sempre [viu] da cabeza dese orixinal home"<ref name="ReferenceA">{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|p= 317}}</ref>. A diferenza dos seus máis lucrativos primeiros concertos, este non lle proporcionou moitos cartos a Beethoven, xa que os gastos da montaxe foron significativamente máis altos<ref name="ReferenceA"/>. Un segundo concerto o [[24 de maio]], no cal o produtor garantiulle ao compositor unha comisión mínima, tivo unha pobre asistencia de público. Sería o derradeiro concerto público de Beethoven<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cooper|2008|p= 318}}</ref>.