Embraer E-Jets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
desguace > despezamento
Liña 17:
}}
 
A familia '''Embraer E-Jet''' é unha serie de reactores bimotores de pasaxeiros de fuselaxe estreita e alcance medio fabricados pola compañía brasileñabrasileira [[Embraer]]. Anunciada no [[Paris Air Show]] de [[1999]] e comezada a produción no ano [[2002]], a serie de avións converteuse nun éxito comercial<ref>[http://www.flightglobal.com/news/articles/embraer-e-jet-sales-success-spurred-deployment-hiccups-213920/ Flight International - Embraer: E-Jet sales success spurred deployment hiccups {{en}}. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.]</ref>. O modelo é usado tanto por aeroliñas principais como rexionais por todo o mundo. Cara decembro do ano [[2012]] había 185 peticións en firme para os E-Jets, 580 opcións e 908 unidades entregadas<ref>[http://www.embraer.com.br/pt-br/conhecaembraer/embraernumeros/paginas/home.aspx Embraer em números {{pt}}. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.]</ref>.
 
== Deseño ==
Liña 32:
Os modelos E-170/E-175 no rango dos 80 asentos son os máis pequenos da familia E-Jet. Están impulsados por motores [[General Electric CF34|General Electric CF34-8E]] de 62,28&nbsp;kN de potencia cada un. Os E-170 e E-175 compiten directamente co [[Bombardier CRJ-700]] e o [[Bombardier CRJ-900]] respectivamente, e en parte co [[turbohélice]] [[Bombardier Q400]]. Tamén buscan substituír no seu segmento de mercado a deseños anteriores coo o [[BAe 146]] e o [[Fokker 70]].
 
O Embraer 170 foi a primeira versión producida. O prototipo 170-001 foi dado a coñecer o [[29 de outubro]] do ano [[2001]], realizando o primeiro voo o [[19 de febreiro]] de [[2002]]. Amosouse ao público en maio dese ano na convención a Asociación de Aeroliñas Rexionais. Despois dunha resposta positiva por parte da comunidade de aeroliñas, [[Embraer]] lanzou o E-175. O primeiro voo do alongado E-175 realizouse en xuño do [[2003]]. A certificación para o 170 conseguíuse dous anos despois da súa estrea ao público; a entrega do primeiro exemplar ao cliente de lanzamento, [[LOT Polish Airlines]], foi en marzo do [[2004]]. O primeiro cliente [[Estados Unidos de América|estadounidense]] do EMB 170 foi [[US Airways]], tras a certificación da [[FAA]], e o avión entrou en servizo o [[4 de abril]] do [[2004]] operado pola división [[MidAtlantic]] de US Airways, Inc. O primeiro E-175 foi entregado a [[Air Canada]] e entrou en servizo en xullo do [[2005]]. O prototipo 170-001 realizou o seu derradeiro voo o [[11 de abril]] do [[2012]]. O seu destino foi o desguacedespezamento nos Estados Unidos para pezas de reposto.
 
=== E-190 e 195 ===