Selección natural: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
xurdemento > xurdimento
Liña 18:
O que fai que unha característica teña máis probabilidade de permitir a supervivencia do seu portador depende moito de factores ambientais, incluíndo predadores da especie, fontes de alimentos, [[estrés abiótico]], ambiente físico e así por diante. Cando os membros dunha especie se separan xeograficamente, enfrontan diferentes ambientes e tenden a evolucionar en diferentes direccións. Despois dun longo tempo, esas características poderán terse desenvolvido en diferentes vías de tal xeito que xa non poderán intercruzarse, nun punto que serán considerados como de especies distintas. Esa é a razón dunha especie, por veces, separarse en múltiplas especies, en vez de simplemente ser substituída por unha nova (a partir diso Darwin suxeriu que todas as especies actuais evolucionaron dun devanceiro común).
 
Alén diso, algúns científicos especulan que unha adaptación que pode permitir ao organismo ser máis adaptable no futuro tende a se espallar mesmo que non proporcione ningunha vantaxe específica a curto prazo. Os descendentes deses organismos serán máis variados e así máis resistentes á [[extinción]] por catástrofes ambientais e [[evento de extinción|eventos de extinción]]. Iso foi proposto como un dos motivos para o xurdementoxurdimento dos [[mamíferos|Mammalia]]. Aínda que esa forma de selección sexa posible (aínda que altamente discutible), debe desempeñar un papel máis importante nos casos en que a selección por adaptación é continua. Por exemplo, na hipótese da [[Raíña de Copas]], suxírese que o [[sexo]] debe ter evolucionado de modo que axude aos organismos a se adaptaren contra [[parasito]]s.
 
A selección natural pode ser expresa como a seguinte lei xeral (tirada da conclusión d' ''[[A orixe das especies]]''):