Goiaba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
consume > consome
Liña 9:
O froito é unha [[baga]], carnoso, de casca verde, amarelada ou roxa, coa superficie irregular, de arredor de oito centímetros de [[diámetro]]. No seu interior, hai unha polpa rosada, branca ou dourada, contendo decenas de pequenas [[semente]]s duras, mais que poden ser inxeridas sen problemas. Soamente as variedades de polpas brancas e vermellas son comercializadas. Os catro [[sépalo]]s da flor están normalmente presentes nunha das extremidades da goiaba.
 
Existen dúas variedades: a branca, de casca averdada e interior amarelo-averdado pálido, e a vermella, de casca amarelada e interior rosado. Algunhas [[mosca]]s utilizan a goiaba para depósito dos seus ovos. As [[larva]]s desas moscas son popularmente chamadas no Brasil ''bichos da goiaba''. As goiabas consúmenseconsómense principalmente frescas ou en forma de doce, chamado [[goiabada]]. Compotas, xeleas e zumes tamén son comúns. Son moi ricas en [[vitamina C]], con 180-300 miligramos de vitamina por cen gramos de froita (máis cá [[Laranxa (froita)|laranxa]] ou o [[limón]]).
 
A goiaba non é áceda e, así, pode substituír o [[tomate]] na confección de mollos salgados e agridoces, sobre todo no caso de persoas com restricións á acidez deste último. Polo xeral, non ten moito [[azucre]] e case non posúe [[graxa]]s, sendo indicada para calquera tipo de dieta. Preferentemente debe ser comida crúa. Está contraindicada só en persoas que teñan dixestións pesadas ou problemas intestinais.