Abrir o menú principal

Cambios

m
https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Os mariños comerciantes de [[Sidón]] crearon asentamentos-almacéns amurallados. Os de Tiro fundaron cara ao ano [[-800]] no norte de África ''Qart Hadasht'' ([[Cartago]]), cuxa posición estratéxica entre o [[Mediterráneo occidental]] e o [[Mediterráneo oriental]] a converteu na máis importante de todas as colonias. Terminou por acoller o centro da civilización púnica cando as cidades metropolitanas do Levante foron conquistadas polo [[Imperio persa]] ([[-539]]).
 
A rivalidade secular que mantiñan gregos e fenicios polas rutas comerciais e o establecemento de colonias levou, tamén no [[século -VI]], a un enfrontamento militar de grangrande envergadura, a [[batalla de Alalia]] (ano [[-537]]), na que a colonia grega focense de Alalia se enfrontou á frota cartaxinesa, aliada cos [[etruscos]], redefiníndose a relación de forzas na rexión.
 
As factorías fenicias esparexéronse practicamente por toda a ribeira sur mediterránea e as súas illas: desde ''Gadir'', máis aló do [[estreito de Xibraltar]], na contorna do mítico reino de [[Tartessos]] e porta das rutas do [[océano Atlántico]], cara ao norte -Europa- e o sur -África-, ata as costas de Asia e o [[Mar Negro]].
8.322

edicións