Thema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dous erros ortográficos
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Descrición de ''themata'' ==
Un ''thema'' era cada unha das divisións administrativas do territorio do Imperio Romano (Bizantino). Foron establecidos no século VII, a raíz das numerosas perdas territoriais sufridas polo Imperio fronte aos musulmáns. Así, a súa orixe debeuse ante todo á necesidade de asentar nelas aos soldados procedentes dos territorios perdidos. AdemáisAdemais, a súa creación supuxo a progresiva desaparición das divisións anteriores - as provincias -.
 
En cada ''thema,'' os soldados eran aínda tecnicamente unha unidade militar, baixo o mando dun [[estratego]], unha autoridade civil e militar. Eles non eran propietarios da terra, traballábana e esta era controlada polo Estado. Por iso, o seu uso polos soldados tiña un pago que era reducido. Ao aceptar estas proposicións, os participantes accedían a que os seus descendentes tamén traballarían no exército e nunha ''thema''. Deste xeito o Estado Romano reducía a necesidade de [[levas]] impopulares á vez que agrandaba e fortalecía o exército a un baixo custo. Este sistema foi de gran axuda ao poboar territorios recentemente conquistados, ademais os themas podían axiña ser erixidos como unidades militares e sempre se expandían as terras públicas durante unha conquista.