Vitamina A: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6:
Nos alimentos está presente sempre en forma de vitamina preformada ou de provitamina que, no noso organismo, se transformarán en vitamina.
* Nos alimentos de orixe animal ([[fígado]], [[Ovo (alimento)|ovos]] e [[leite|produtos lácteos]], como dixemos) está en forma de ésteres do retinol.
* Nos alimentos de orixe vexetal ([[cenoria]]s, [[espinaca]]s etc.) está en forma de [[caroteno]]ides, sobre todo como '''[[beta-caroteno|β-caroteno]]'''. O metabolismo destas substancias pode dar lugar, segundo a fonte e o mecanismo químico de transformación –hidrólise ou oxidación-, a retinol, a retinal (tamén chamado retineno, retinaldehido ou aldehido de vitamina A) ou a ácido retinoico.
 
A vitamina A foi a primeira vitamina descuberta, en [[1913]]. Os investigadores [[Elmer McCallum]] e [[Marguerite Davis]], da Universidad de Wisconsin-Madison, conseguiron demostrar que, para conseguir un crecemento normal en [[rata]]s, era necesario suplementa-la dieta experimental (formulada con [[principio inmediato|principios inmediatos]] puros) cun “factor liposoluble A”, que achegaban engadindo [[manteiga]] ou aceite de fígado de [[bacallau]], e un “factor liposoluble B”, que achegaban con sementes de [[trigo]]. Descoñecendo completamente a posible composición dos nutrintes que puideran conter eses suplementos, escolleron as primeiras letras do alfabeto para nomealos.