Paratexto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ilustracións: +control autoridades using AWB
consume > consome
Liña 3:
O termo '''paratexto''' designa o conxunto de enunciados que acompañan o [[texto]] principal dunha obra [[literatura|literaria]], como o [[título]], [[subtítulos]], [[prólogo]] ou o [[Índice (paratexto)|índice]] de materias. O paratexto está destinado a facer presente o texto, asegurar a súa presenza no mundo, a súa recepción e consumo. O paratexto establece o marco en que se presenta o texto como forma de [[comunicación (linguaxe)|comunicación]].
 
Distínguense os paratextos escritos pola persoa autora da obra (o seu nome, [[epígrafe]], [[prefacio]], dedicatoria, notas ao pé de páxina...) dos paratextos [[Edición de libros|editoriais]] (tapa, [[catálogo]], [[copyright]]...). Mais esta distinción está permanentemente amenazada, especialmente no caso dos textos (literarios, filosóficos) que se consumenconsomen en períodos moi amplos e que, polo tanto, son reciclados de forma constante.
 
Outra división é entre o [[peritexto]] (parte do paratexto inseparable do texto, como o título ou o índice de materias) e o [[epitexto]] (parte que circula fóra do texto, xa sexa editorial como [[publicidade]] ou aparición en [[catálogo]]s). Tamén se distingue entre os paratextos públicos e privados: unha entrevista radiofónica é un epitexto de autoría pública, mais un borrador ou un diario íntimo son un epitexto privado.