Cadea trófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
consume > consome
Liña 13:
*** '''[[Parasito]]s''' e '''[[Comensalismo|comensais]]'''. Os parasitos poden ser depredados, como o son os pulgóns das plantas por xoaniñas, ou os parasitos dos grandes [[herbívoro]]s africanos, depredados por [[picaboi]]s e outras aves. Á súa vez, os parasitos acostuman ter os seus propios parasitos, de maneira que cada parasito primario pode sela base dunha cadea trófica especial de parasitos de distintas ordes.
** Se examinamos o nivel trófico máis alto de entre os organismos explotados por unha especie, atribuiremos a esta unha orde na cadea de transferencias, segundo o número de termos que teñamos que contar dende o principio da cadea:
*** '''Consumidores primarios''', os [[fitófago]]s ou herbívoros. Devoran ós organismos autótrofos, principalmente plantas ou algas, aliméntanse deles de forma parasita, como fan por exemplo os [[pulgón]]s, son comensais ou simbiontes de plantas, como as [[abella]]s, ou especialízanse en devorar os seus restos mortos, como os [[ácaros]] oribátidos ou os [[milpés]].[[Ficheiro:Milpés.jpg|miniatura|150px|[[Milpés]]]]
*** '''Consumidores secundarios''', os [[zoófago]]s ou carnívoros, que aliméntanse directamente de consumidores primarios, pero tamén os parasitos dos herbívoros, como por exemplo o ácaro Varroa, que parasita ás abellas.
*** '''Consumidores terciarios''', os organismos que inclúen de forma habitual consumidores secundarios na súa fonte de alimento. Neste capítulo están os animais dominantes nos ecosistemas, sobre os que inflúen nunha medida moi superior á súa contribución, sempre escasa, á biomasa total. No caso dos grandes animais cazadores, que consumenconsomen incluso outros depredadores, lles correspondecorrespóndelles chamarse superpredadores (ou superdepredadores). En ambientes terrestres son, por exemplo,os grandes felinos e cánidos. Estes sempre foron considerados como unha ameaza para os seres humanos, por padecer directamente a súa predación ou pola competencia polos recursos da [[cinexética|caza]], e foron exterminados de maneira sistemática e levados á extinción en moitos casos. Neste capítulo entrarían tamén, ademais dos predadores, os parasitos e comensais dos carnívoros.
*** En realidade poden haber ata seis ou sete niveis tróficos de consumidores formando como vimos só cadeas baseadas no parasitismo, o mutualismo, o comensalismo ou a descomposición.
En moitas especies distintas, as categorías de individuos poden ter diferentes maneiras de nutrirse, que nalgúns casos as situarían en distintos niveis tróficos. Por exemplo as moscas da familia [[Sarcophagidae]], son colleitadoras de néctar e outros líquidos azucrados durante a súa vida adulta, pero mentres son [[larva]]s a súa alimentación típica é a partir de cadáveres (están entre os “vermes” que se desenvolven durante a putrefacción).